Ola, rapaces!

Espero que esteades preparados para sudar...

Imos ter dúas sesións de cardio-fitness, nas que traballaremos a musculatura xeral e tamén a musculatura do corazón mediante exercicios variados con música de fondo.

As sesións están divididas en tres partes:

  1. Quecemento (cardio suave 5 minutos aproximadamente)
  2. Parte principal (cardio moderado 15 minutos na 1ª sesión e cardio medio de 25 minutos na 2ª sesión)
  3. Volta á calma (rutina de estiramentos duns 10 minutos)

IMPORTANTE: Para a volta á calma hai que traer a esterilla. 

Aconséllovos traer un botellín de auga e incluír no neceser (que sei que algúns non sempre o facedes) unha toalliña, xabón ou xel e desodorante.

Ademáis, en especial estes dous días, recomendo que non calcedes zapatillas de deporte de suela moi dura. Canto máis blanda e acolchada, mellor.

A actividade é relativamente esixente e continua, polo que haberá momentos nos que precisedes baixar un pouco o ritmo. Non desesperedes e intentade enganchar cando poidades.

Tamén hai que ter en conta que algúns dos exercicios esixen certa coordinación e/ou preparación para que poidades seguilos. Por ese motivo, vouvos ir colgando os vídeos, para que poidades previsualizalos e "ensaiar" na casa se o precisades.

O obxectivo é queimar calorías, sudar, fortalecer o sistema muscular e respiratoria e, sobre todo, intentar pasalo ben!

Moitísimo ánimo!!!

Este ano introducirei nas clases de Educación Física algunhas prácticas deportivas novedosas que teñan como característica fundamental a inclusión. A miña intención é que TOD@S poidades practicar ao mesmo nivel, aportar as vosas cualidades e disfrutar da actividade.

Comezamos cun deporte que naceu nos institutos de Educación Secundaria de Valencia: o Colpbol.

Ola a tod@s!

Este vai ser un ano algo máis complicado para a EF do que foi en cursos anteriores, polo que colgarei periodicamente na Aula Virtual actividades, información, vídeos..., que vos servirán de apoio e referencia para os contidos que se impartan en clase.

Ben sabedes que confío en vós e creo de verdade que vades facer un bo traballo.

Moito ánimo, rapaces!