Memorias dun neno labrego

Convídovos a ver este vídeo sobre Memorias dun neno labrego elaborado como actividade de clase de Lingua galega e literatura por Ismael Gargamala e Tania Custodio (4º ESOB).

Trátase dun moi bo traballo, realizado con creatividade, esforzo e dedicación.

Moitas grazas, rapaces.

Chus

Proceso de admisión de alumnado

Toda a información relativa ao proceso de admisión de alumnado pode consultarse na sección de Secretaría, subsección de Documentos, desta páxina web ou ben no taboleiro de anuncios do centro.

Actividades de formación en linguas estranxeiras

Até o 21 de abril o alumnado de ESO e BAC pode solicitar unha actividade de formación en linguas estranxeiras. Os requisitos mínimos son:

-Ter aprobado todo o curso anterior.

-Nota mínima de 6 na lingua estranxeira para a que se solicita a actividade.

Nesta ligazón podedes acceder a toda a información e formalizar a vosa solicitude.

Bolsas de inmersión lingüística

Até o 15 de abril o alumnado de 1º ESO que teña unha media de notable en 6º de primaria e un notable en inglés de 6º pode acceder  a unha bolsa para participar nun Programa de Inmersión Lingüística do Ministerio de Educación.

Información sobre a contía das bolsas e requisitos nesta ligazón.

Retransmisión da Final do Club de Debate. 23 de febreiro de 2013

Aquí está a retransmisión da final do Clube de Debate do pasado sábado 23 de febreiro no Café Moderno de Pontevedra. A esta final chegamos despois de quedar os primeiros na clasificación eleminatoria do pasado 2 de febreiro. Na final enfrontámonos ante o IES do Sánchez Cantón. Despois de 36 minutos de intenso e igualado debate, o xurado determinou gañador ao IES do Sánchez Cantón por 198'5 puntos fronte a 196 obtidos polos nosos participantes.

Estas imaxes son unha homenaxe a un alumnado que soubo defender con moita dignidade e calidade unha opción nada doada de defender demostrando unha elevada categoría á hora de enfrontarse a un auditorio e a un reto intelectual de bastante dificultade. Parabéns ao equipo gañador porque souberon defenderse ben dos ataques dialécticos propostos polos nosos alumnos.


Final Club de Debate en Ponte.tv