ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024_2025

RESERVA DE PRAZA CURSO 24_25

Tódalas solicitudes de reserva de praza no noso IES para o curso 24_25 foron admitidas. Poden consultarse as listaxes no taboleiro de anuncios do centro. Tamén na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/. Neste caso, precísase o código de solicitude e a documentación de identidade dun dos responsables do menor.

 

O procedemento de admisión de alumnado en centros públicos que imparten ensinanzas de ESO e Bacharelato está regulado na Orde de 21 de outubro de 2022que desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

A táboa adxunta resume o calendario de actuacións. Lémbrase que o alumnado que xa está matriculado no noso IES non ten que presentar solicitude de admisión: as prazas xa quedan reservadas para o vindeiro curso.

Calendario de admisión para o curso 2024-2025

  PRAZOS

ACTUACIÓNS

 Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

Reserva de praza para alumnado que finaliza etapa nun centro adscrito.

Os centros adscritos ao IES de Ponte Caldelas son:

  • CEIP Plurilingüe A Reigosa (Ponte Caldelas).
  • CEIP Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas).

  • CEIP A Lama (A Lama)

  • CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Formulario: ED550A

Entrega no centro adscrito correspondente.

  22 de febreiro

Publicación da listaxe de alumnado con reserva de praza.

  Antes do 1 de marzo

Criterio de desempate (de ser preciso por ser o número de solicitudes de admisión superior ao de postos dispoñibles no centro).

Publicación de postos vacantes no taboleiro de anuncios do centro.

  Do 1 ao 20 de marzo

Solicitude de admisión ordinaria para alumnado que non proceda dos centros adscritos indicados, para o que xa está cursando ESO ou Bacharelato e quere cambiar de centro, e para o que se incorpora ao noso sistema educativo.

Formulario: ED550B

Debe cumprimentarse manualmente ou on line na aplicación, e entregar no IES. Se se dispón de certificado dixital, pode presentarse en Sede Electrónica.

O alumnado que xa cursa estudos no centro ten garantida a permanencia. En caso de presentar solicitude de admisión noutro distinto, debe comunicar a renuncia a dita reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Presentarase unha única solicitude por alumno/a, que se entregará no centro escollido en primeiro lugar (poden solicitarse ata seis centros, ordenados por preferencia).

  25 de abril

Publicación da listaxe provisional de admitidos.

  15 de maio

Publicación da listaxe definitiva de admitidos.

Do 23 de xuño ao 7 de xullo

Formalización da matrícula do alumnado admitido.

Criterio complementario de admisión. Aplicarase se o número de solicitudes de admisión supera ao número de vacantes ofertadas polo centro. 

AdxuntoTamaño
Acordo Consello Escolar_Criterio complementario admisión.pdf58.61 KB