Categoría para os cursos de 2º FP Básica

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de instalación e explotación de aplicacións informáticas.

A instalación e explotación de aplicacións abrangue aspectos como:

  • Procura de software de aplicación acaído para o contorno de explotación.
  • Instalación e configuración de aplicacións ofimáticas.
  • Elaboración de documentos e patróns.
  • Resolución de problemas na explotación das aplicacións.
  • Asistencia ao usuario.
A actividade profesional do alumnado desenvolverase en empresas ou entidades públicas ou privadas, tanto por conta propia como allea, de calquera tamaño e sector produtivo, que dispoñan de redes de transmisión de voz e datos para o seu funcionamento; tamén poderase desenvolver esta actividade en empresas adicadas á comercialización, a montaxe e a reparación de equipos e servizos microinformáticos; e empresas que prestan servizos de asistencia técnica microinformática, ademais de nas distintas Administracións Públicas, como parte do soporte da organización.