Categoría para os cursos de 1º FP Básica

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as seguintes competencias: 

  •   Procura de software de aplicación acaído para o contorno de explotación. 
  •   Instalación e configuración de aplicacións ofimáticas. 
  •   Elaboración de documentos e patróns. 
  •   Resolución de problemas na explotación das aplicacións. 
  •   Asistencia ao usuario. 
  •   Tarefas de reprografía i encuadernación

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en: 

  •  Instalación, configuración e mantemento de aplicacións informáticas. 
  •  Asistencia no uso de aplicacións informáticas. 
  •  Labores de reprografía.
  •  Labores de encuadernación

Dado que no ámbito produtivo non existen empresas con especiais características que demanden un perfil  específico, tratarase de formar ó alumnado de xeito que teña os coñecementos máis amplos posibles polo que non se afondará especialmente en ningún contido específico. Tratarase así mesmo de que o alumnado poida acadar un grao de autonomía suficiente para poder enfrontar  situacións novas cun certo nivel de seguridade en si mesmo, de xeito que sexa quén de resolvelas.Aínda que os conceptos teóricos serán válidos para calquera aplicación coa finalidade das vistas no módulo, as prácticas realizaranse principalmente (aínda que non necesariamente de xeito exclusivo) con aplicacións  non propietarias de xeito que os alumnos poidan ter acceso ás mesmas sen custo económico para a súa utilización fora do centro.