Skip to Content

Convocatoria para Bolsas de Estudo para o curso 2023/24

No día de hoxe, ábrese o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/24.

Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line.

Poderán ser beneficiarios das distintas contías  os/as alumnos/as que no ano académico 23/24 cursen:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

PRAZOS:

27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Para calquera información no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 

II Edición do Concurso de Fotografía Matemática en Galego Mónica Fernández

Como moitos de vós xa saberedes, o club de ciencia do IES de Pastoriza realiza, dende hai moitos anos, actividades variadas e motivadoras para os alumnos e alumnas participantes.

O Departamento de Matemáticas, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizaron a II Edición do Concurso de Fotografía Matemática en Galego Mónica Fernández. O alumnado do club de ciencia presentou unha fotografía orixinal onde reflectiu a relación entre a súa contorna, as matemáticas e a arquitectura. Ademais, o título da foto era moi importante, xa que era determinante para amosar de xeito claro o concepto matemático que se estaba a fotografar.

O primeiro premio foi para Lara D. de 4º da ESO B, coa foto que leva por título sentamos en paralelas secantes.

O segundo premio foi para Myriam S. de 4º da ESO A, coa foto que leva por título a praza da xeometría.

Procedemento de admisión e matrícula para o curso 2023-24

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o curso 2023-24. (Este prazo é para o alumnado que se incorpora ao centro dende calquera outro centro educativo non adscrito. O alumnado matriculado neste curso e o procedente dos centros adscritos (CEIP de Galán e CEIP San Xosé Obreiro) xa ten a praza reservada para o curso seguinte)

No caso de presentar solicitude de admisión é importante ter en conta:

  1. O trámite de admisión poderá realizarse na secretaría do primeiro centro de elección ou a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550B) se o/a solicitante posúe certificado electrónico ou Chave 365.
  2. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  3. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  4. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Para presentar a solicitude, seguir as instrucións da aplicación admisionalumnado

DOCUMENTACIÓN INDISPENSABLE: 

a. Formulario de admisión ANEXO II ED550B cuberto e asinado polos dous proxenitores.*

b. Formulario de comprobación de datos ANEXO II bis no que consten TODOS os membros da unidade familiar coas súas sinaturas.* (ESTES dous documentos anteriores son obrigatorios.)

c. Fotocopia do DNI do/a alumno/a ou copia do Libro de familia onde o/a alumno/a figure (deberá traerse tamén o orixinal para o cotexo). Para facilitar a corrección de erros frecuentes cos datos persoais, copia dos DNI de todos os membros da unidade familiar.

d. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo. (de momento non presentar)

e. No seu caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (completa).

Calendario do procedemento de admisión e matrícula:

  1. Reserva de praza no centro de orixe: 15 xaneiro ao 4 de febreiro
  2.  Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. (Realizado sorteo o 23-02-23)
  3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo
  4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo
  5. Presentación presencial no centro da documentación acreditativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Só no caso de que o número de solicitudes sexa superior ás vacantes existentes no nivel solicitado
  6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril
  7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio
  8. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño ao 7de xullo

 

Normativa e manuais: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

INFORMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega citou os gañadores dos concursos convocados durante os meses previos, concretamente: O CONCURSO DE CABAZAS E CATRINAS DO SAMAÍN, O DO DISCURSO INVERTIDO e O DAS POSTAIS DE NADAL para facerlles entrega dos agasallos merecidos. O acto tivo lugar na Aula de Usos Múltiples do centro e agradecemos a divulgación do mesmo a través de Radio Furoca. 

Grazas a todo o alumnado participante!!

Queremos aproveitar a ocasión para informar a toda a comunidade educativa da convocatoria para novos concursos que se levarán a cabo nos meses de febreiro e marzo. A continuación anexamos un cadro coa proposta. Animádevos!!

 

Concreción curricular

Concurso de postais de Nadal convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega

O EDLG organiza un concurso de postais de Nadal no que pode participar todo o alumnado do centro.

As bases do mesmo aparecen reflectidas no cartel que publicamos a continuación.

Haberá premios para as mellores entregas.

Animádevos a participar!!


Distribuir contido


by Dr. Radut