Skip to Content

blogue denoeliaperez

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, convoca o "Concurso de postais de Nadal do ano 2021" dirixido a todo o alumnado do noso centro.

Pódense consultar as bases no documento adxunto.

Obradoiro para a escrita do manifesto do Correlingua 2022.

O 18 de novembro o alumnado de 1º ESO B gozou dun obradoiro para a escrita do manifesto do Correlingua 2022 que levará por título, “Desata a lingua” e que foi impartido pola poeta, Lucía Aldao.

A través de exercicios lúdicos, puideron reflexionar sobre o idioma e puxeron en común ideas para contribuír á redacción deste documento; así xurdiron varias consignas que deixaron patente que o galego aínda ten futuro entre a xente nova, pois como dicían os nosos alumnos e alumnas, “o galego ten que ser eterno e onde nós vaiamos, a nosa lingua vai connosco”.

Moitas grazas, Lucía!

Concurso de contos de medo.

No mes de outubro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Pastoriza convocou un “Concurso de contos de medo” escritos en lingua galega, dirixido a todo o alumnado do noso centro. 

A participación deste foi moi destacada e tivemos catro gañadores: unha alumna de 1º ESO B, un alumno de 2º ESO C, unha alumna de 2º ESO E outra de 3º ESO B que xa recibiron cadanseus agasallos.

Deixamos unha imaxe do “Taboleiro da Lingua” no que se expuxeron algúns dos traballos que elaborou o noso alumnado para este concurso.

Grazas a todos os/as participantes! E non vos desanimedes, haberá máis convocatorias.   GuiñoGuiño

Imagen que contiene naranja, refrigerador, cocina, cuarto  Descripción generada automáticamente

Distribuir contido


by Dr. Radut