Dende a biblioteca e os departamentos de linguas gústanos animar a toda a comunidade de Mosteirón a ler e nesta ocasión, 14 de febreiro, día de San Valentín, tamén a escribir para que outras persoas podan ler. Así propoñemos a seguinte actividade:
" UN CORAZÓN, UN TWEET"
Cun máximo 140 caracteres, como ocorre cos tweets, escribiremos unha mensaxe de amor ou de amizade para alguén do centro. O próximo 14 de febreiro, que é o día de San Valentín, farémoslle chegar a mensaxe.
Deixamos aquí o cartaz coa explicación e as bases da actividade que tamén estará nos taboeiros das aulas para que todo o mundo poida participar.