Lendo xuntos na Esperela

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

por Carmen M Fernández Pombo -
Número de respostas: 0

Con motivo do Día Mundial do Teatro, celebrado este domingo 27 de marzo, podemos disfrutar dunha pequena exposición que mostra algúns dos libros de famosas obras de teatro que están na nosa biblioteca A Esperela. 

Animo a toda a comunidade de O Mosteirón a ler teatro!

O alumnado de 2º ESO A e B  asistirá a un obradoiro de lectura dramatizada e teatro lido o día 4 de abril de 15:30 á 17:00 horas.

Deixo aquí un documento sobre a orixe desta conmemoración.