Lendo xuntos na Esperela

Calendario "HORA DE LER" Segundo trimestre.

Calendario "HORA DE LER" Segundo trimestre.

por Carmen M Fernández Pombo -
Número de respostas: 0

Ola lectores e lectoras de Mosteirón,

Xa estamos de volta. Espero que estas festas e as vosas lecturas teñan sido moi boas e que o "bichiño" ese de Ómicron non visitara as vosas casas por Nadal.

Achego o calendario da "Hora de Ler" do Segundo Trimestre para toda a nosa querida comunidade. Como xa sabedes, o trimestre vai ser moi cortiño e posiblemente algunhas das horas programadas serán aprazadas para máis adiante - segundo o criterio do profesorado-.

IMPORTANTE: RECORDADE TRAER AS VOSAS LECTURAS DA CASA OU COLLELAS SÓ NAS HORAS DE RECREO. DURANTE A "HORA DE LER" NON SE PODEN COLLER LIBROS NA BIBLIOTECA.

Disfrutade de este último domingo de vacacións e vémonos mañá.