Lendo xuntos na Esperela

CONCURSO DE RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

CONCURSO DE RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

por Carmen M Fernández Pombo -
Número de respostas: 1

CONCURSO DE  RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Dende A Esperela propoñévosmos que nos enviedes as vosas  recomendacións de  lecturas favoritas porque no Mosteirón temos grandes lectores:

  •  Novelas de amor, misterio, cómics, dramas, historias fantásticas de personaxes lendarios, segredos, paixóns, sentimentos a flor de pel e momentos de risas… Que libro ou cómic fíxoche sentir algo especial ou simplemente pasar un bo intre?
  •  Todos/as os/as voluntarios/ as que queirades participar enviaredes un guión previo a aesperela@gmail.com para que reciba o visto e prace.
  • • Unha vez que o teñades, poderedes gravalo  EN GALEGO cunha duración que non pode ser superior a UN MINUTO E MEDIO e subilo a este foro especial de “Lendo Xuntos”. O audio ten que conter os seguintes elementos:
  •  PRESENTACIÓN: Nome sen apelidos e o curso ao que pertences. Por exemplo: “Ola, son Carla de 1º A”.
  •  FICHA DO LIBRO: O libro ou cómic que lestes mencionando o título, o autor, a editorial e o número de páxinas.
  •  Por exemplo: • “Lin A Lección de August de R. J. PALACIO, publicado na editorial NUBE DE TINTA. Ten 406 páxinas.
  • COMENTARIO DO LIBRO:
  •  1.Comenta a historia, a época e lugar no que transcorre, o narrador(tipo de narrador), os personaxes, algo que che chamara a atención.
  •  2.Comenta por que recomendarías ese libro ou cómic. Explica os motivos.
  •  3.Unha vez que terminases a gravación podes subila a este foro cunha foto da portada, o voso nome e curso para que toda a comunidade de O Mosteirón poida escoitala.
  • A continuación tedes un exemplo do que podedes facer:

 

'La ratonera' de Agatha CHRISTIE (Pablo, 3E)

https://www.ivoox.com/46077164

 

E para aprender a facer un podcast deixámosvos esta ligazón ao CURSO COMPLETO DE AUDACITY.

 

https://youtu.be/YhU8R08H1R8

 

 

DATA LÍMITE DE ENTREGA:20 DE XUÑO

 

O DÍA 21 DE XUÑO FAREMOS UN SORTEO ENTRE TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE E TRES GAÑADORES OU GAÑADORAS RECIBIRÁN UN GRAN PREMIO.