Lendo xuntos na Esperela

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

por Carmen M Fernández Pombo -
Número de respostas: 0

Hoxe publicamos no foro esta pequena historia sobre o Día Mundial do Libro que celebraremos mañá en confinamento e unhas recomendancións de lectura.

 

PEQUENA HISTORIA DO DÍA MUNDIAL DO LIBRO EN ESPAÑA

 

En España o día do Libro comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926. No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva catalá de Sant Jordi na que os namorados regalan rosas e libros.

 

O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día Internacional del Libro e dos Dereitos de Autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecimento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través do acceso á cultura do maior número de persoas posible. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995.

 

A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereito de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferencia de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega, fillo do conquistador Segastián Garcilaso de la Vega e da princesa Inca Elisabet Chimpu Occio, irmá de Huanya Capaz,último emperador indio.

 

 

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS

 

Moitos libros están na plataforma gratuita GaliciaLe no seguinte enlace:

 https://www.galiciale.gal/

 

 

A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea. 

 

Aprende Banda deseñada con Fiz se che gustan os libros do Fiz, aquí tes o teu personaxe favorito como guía para aprender a facer banda deseñada.

Se tiveses a oportunidade de empezar de cero, aproveitaríala?  Ellison  Sparks descobre que está a revivir unha e outra vez o mesmo luns de pesadelo. Calquera outra adolescente optaría por volverse tola, pero  Ellison veo como unha oportunidade. A oportunidade de lograr que os seus soños sexan realidade e, sobre todo, a oportunidade de recuperar ao seu noivo. Pero, a pesar dos seus esforzos, as cousas nunca saen como ela desexa.  Descubrirá Ellie como arranxar este día? Ou quedará atrapada nun luns de pesadelo para sempre?

  

  

Esta novela foi gañadora do Premio  Whitbread e o Premio da  Commonwealth ao Mellor Primeiro Libro, mereceu a aprobación masiva dos lectores en todos os países onde se publicou.

O seu protagonista,  Christopher  Boone, é un dos máis orixinais que xurdiron no panorama da narrativa internacional nos últimos anos, e está destinado a converterse nun heroe literario universal da talla de Oliver Twist e  Holden  Caulfield. Aos seus quince anos,  Christopher coñece as capitais de todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e recitar os números primos ata o 7.507, pero cústalle relacionarse con outros seres humanos. Gústanlle as listas, os esquemas e a verdade, pero odia o amarelo, o marrón e o contacto físico. Aínda que nunca foi só máis aló da tenda da esquina, a noite que o can dunha veciña aparece atravesado por un  horcón,  Christopher decide iniciar a procura do culpable.

Emulando ao seu admirado  Sherlock Holmes -o modelo de detective obsesionado coa análise dos feitos-, as súas pescudas levarano a cuestionar o sentido común dos adultos que o rodean.

 

Neste thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura.

 

Ricardo Carvalho Calero é unha das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso. Un auténtico pioneiro e incansable defensor (e tamén construtor) da nosa identidade como comunidade, como pobo, como país. A Ricardo Carvalho Calero dedícaselle o Día das Letras Galegas 2020.

Autor de novelas, contos e pezas teatrais, Mario Benedetti ocupa tamén un lugar relevante no ámbito da poesía, no que parte das súas creacións convertéronse en canción popular. A voluntaria aproximación á prosa, a construción dunha " épica do cotián" propiciada pola incorporación do social e o político, o amor e o humorson algúns dos eixos ao redor dos cales viran os versos do gran escritor
uruguaio. A presente ANTOLOXÍA POÉTICA, seleccionada por el mesmo e presentadapor Pedro de Orgambide, constitúe unha mostra panorámica e dificilmente mellorable en grao sumo substancial e coñecido dos seus versos.

Da autora de Amor e Asco. Con Indomable, Srta Bebi está a se rebelar contra a sociedade actual e contra o patriarcado que impera aínda no noso día a día. Nos seus poemas a autora fálanos de temas actuais como as desigualdades de xénero, o acoso rueiro ou o rexurdimento da revolución feminista.