Este curso é o lugar de encontro de todos os que participamos no proxecto de Fotografía en curso, dentro do plan Proxecta.

Benvidos rapaces a esta materia na que poderemos investigar e experimentar ao longo do curso con moitos materiais e técnicas relacionados coa arte de crear. Esperamos que se vaian encendendo luces e que  disfrutedes moito aprendendo!! 

 

Benvidos á esta materia na que pretendemos aprender e disfrutar da experiencia de observar, reflexionar, crear, sempre ao redor da vida que nos rodea pero especialmente vinculándonos coa arte e a expresión artística en todas as súas dimensións. Espero que xuntos podamos vivir unha experiencia motivadora para non parar nunca de aprender e disfrutar na nosa viaxe polo mundo.

A través da aula virtual podemos facer un seguimento do curso e ter a información necesaria para sustentar as actividades e proxectos que facemos na aula. Espero que disfrutedes moito!

Benvidos a este novo curso no que nos acompañaremos, esperemos que ata xuño, na aula de TICs e a través desta aula virtual. Resulta evidente que as TICs  teñen un protagonismo grande na nosa sociedade e desde a escola desexamos integrar a nova cultura dixital de forma que nos permita manexar as novas tecnoloxías como material didáctico, fonte de información, e  instrumento para realizar traballos, proxectos e poder compartilos co resto da comunidade escolar e si é necesario con distintos sectores da sociedade.  

Con esta materia non so queremos transmitir coñecementos, aínda que estes sexan necesarios; senón que ademais, procuraremos traballar as destrezas necesarias para adquirir  unha actitude sanamente crítica ante ás TICs. É dicir, saber distinguir en que nos axudan e en que nos limitan, para poder actuar en consecuencia.

Procuraremos  disfrutar da aprendizaxe mediante moitas prácticas que se adapten aos contidos á vez que aprendemos a xestionar a información e a interrelación entre nós e a sociedade. Xa decía Albert Einstein   "A aprendizaxe é experiencia, todo o demáis é información"...a practicar moito pois!!