Xeral
Benvidos.
Neste novo curso aprenderemos moito xuntos. A materia divídese en tres grandes bloques totalmente independientes uns dos outros:
- No primeiro trimestre repasaremos os diferentes niveis de organización dos seres vivos e pararémonos máis en: bioquímica, a célula, o núcleo da célula e o seu funcionamento e por último a xenética mendeliana onde trataremos de comprender as leis da herdanza máis sinxelas.
- No segundo trimestre traballaremos cos ecosistemas. Definiremos este termo e os seus compoñentes, repasaremos a clasificación dos seres vivos, estableceremos os tipos de relacións que se establecen entre os compoñentes dos ecosistemas, estudiaremos como funcionan...Tamén neste trimestre nos teremos que centrar un pouco máis no biotopo (no solo e na súa composición, minerais e rochas, xeomorfloxía)
- Por último, no terceiro trimestre traballaremos as diferentes teorías da evolución biolóxica, veremos como apareceu a xeoloxía como ciencia e deste xeito entraremos en conceptos como o tempo xeolóxico. Veremos o paso da teoría da Deriva Continental á Tectónica de placas. Por último faremos un repaso pola historia do noso planeta e os seus fósiles máis característicos.
Todo isto "aderezado" con prácticas tanto no laboratorio como na propia natureza, o uso de modelos, videos...e todo o que sexa preciso