Biblioteca e actividades complementarias e extraescolares

Desde a Biblioteca necesitamos que contestedes a enquisa que elaboramos a final de curso e que os titores e as titoras lle pasedes a ligazón ao alumnado. Cantos máis contestemos máis significativa será a mostra.

A enquisa necesitámola para a memoria de PLAMBE que esixe Bibliotecas escolares de Galicia; tamén para xustificar o noso Proxecto lector e para mellorar os servizos da biblio. Sobre os seus resultados planificamos o proxecto de Biblioteca do curso seguinte.

A ligazón é a que segue: https://forms.gle/jEsQrgSq32nPvMhZ6

Un millón de grazas. O Equipo da Biblioteca

Acceso a biblioteca do centro