O Curso de 1º de ESO, na materia de Xeografía e Historia consta 12 temas, ou unidades didácticas,  diferenciados en dous apartados: un de Xeografía e outro de Historia.

A "sección de Historia" ten seis temas que abranguen desde a Prehistoria á caída do Imperio romano de occidente; é dicir, a Prehistoria e a chamada Idade Antiga: os seres humanos de Paleolítico e o Neolítico, da Idades dos Metais (o Megalitismo) As civilizacións fluviais (Exipto, Mesopotamia, fundamente) e a antiga Grecia e Roma, son os contidos que deberiamos traballar.

A "sección de Xeografía" consta de seis temas que se centran en aspectos físicos: O sistema solar, a estrutura da Terra, a atmosfera, as paisaxes naturais e os riscos medioambientais da acción humana. Conta cun anexo de mapas para o coñecemento e consulta dos continentes. Empezarase a traballar con esta sección en febreiro de 2021.