Ao longo deste módulo realizaremos un traballo teórico práctico, abordando o mundo dos xogos e das actividades físico-recreativas de animación, apostando por un coñecemento da inmensa variedade de posibilidades que nos ofrecen así como unha interacción práctica con diferentes tipos de poboación.

Experimentaremos diferentes tipos de animación e buscaremos fomentar no alumnado unha autonomía persoal, para que acaden esa fuídez e esa competencia á hora de conducir, expoñer, presentar e dinamizar e levar á práctica diferentes propostas de xogos e animación.

Coñeceremos a nivel teórico os contidos máis destacados acerca dos xogos e da animación físico recreativa.