Neste módulo centrarémonos no estudio e análise das características dos diferentes grupos en risco de exclusión:

 - No 1º trimestre:

                Comezaremos cun tema introductorio no que aclararemos conceptos clave. Conceptos xerais que                  empregaremos ao longo do curso.

                Posteriormente nos meteremos co estudio do primeiro grupo en risco de exclusión. As persoas                        maiores.

 - No 2º trimestre, nos centraremos nos seguintes grupos:

                Persoas con discapacidade: sensorial, física e intelectual.

                E persoas en risco de exclusión social

Dentro de cada un dos 3 grupos principais (maiores, discapacidades, e exclusión social) nos centraremos en aprender e poñer en práctica diferentes estratexias que favorecen a inclusión social mediante a práctica de actividades físico-deportivas.