Saltar navegación

Que imos aprender?

QUE IMOS APRENDER?

As funcións cadráticas teñen interese porque permiten describir un amplo número de situacións do mundo real. Ao representalas, somos quen de observar a evolución dun certo fenómeno en estudo, obtendo información tanto de carácter global, sobre o comportamente xeral da función, como local, no relativo ao que ocorre nas proximidades de determinados puntos.

OBXECTIVOS

1. Recoñecer situacións de relación funcional de tipo cadrático.

2. Calcular os parámetros que definen unha función cadrática.

3. Recoñecer a incidencia de cada parámetro no comportamento global.