Música

V Intercambio Musical A Estrada - Marín

Hoxe recibimos a visita dos alumnos e alumnas do IES Antón Losada Diéguez para participar no intercambio musical que levamos a cabo todos os anos. Xa imos pola V edición e esperamos que esta experiencia, que tan bos momentos nos está a proporcionar, continúe en anos sucesivos.

V Intercambio musical Marín - A Estrada

O pasado 5 de febreiro unha representación do noso alumnado visitou, como xa ven sendo habitual todos os anos, o IES Antón Losada Diéguez de A Estrada. Aquí vos deixamos algúns dos momentos máis destacados dese día no que a Música foi a protagonista.

Recreos musicais de Santa Icía

Lugar: Aula de música.

Data: Martes 19, no segundo recreo

        Mércores 20, nos dous recreos

Músic@s: Alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO

Estades tod@s convidados. Non faltedes!!

IV Intercambio musical Marín- A Estrada

O día oito de maio, celebramos no IES Antón Losada Diéguez, da Estrada, o IV Intercambio Musical entre alumnos de 3º da ESO de ambos centros. 

Este é o segundo concerto que facemos este curso conxuntamente co alumnado de A Estrada, e estivo constituído na súa maior parte por obras traballadas durante as clases, dentro da programación de música histórica deste nivel.

As pezas  interpretadas no concerto foron:

Idade Media:

·   “Mia yrmana fremosa” (Martín Códax) IES Antón Losada Diéguez

·   “Quen a amagen” (Afonso X, o Sabio) IES Mestre Landín

·   “Balada do VII sois” (s. XIV, Llivre Vermell) IES Mestre Landín

·    “Santa María Estrela do Día” (Afonso X, o Sabio) Os dous centros xuntos

Renacemento:

·   “Branle” (danza renacentista) IES Antón Losada Diéguez

· “Romeo e Xulieta” (inspirada na obra de Shakespeare) IES Mestre Landín

Barroco:

·    “Canon” (Pachelbel) IES Mestre Landín

·    “Aria de Rinaldo” (Versión instrumental) Os dous centros xuntos

Tamén puidemos gozar coa interpretación da canción folk “O son do ar”, do grupo musical galego “Luar na Lubre”.

Despois do concerto, descansamos un pouco na cafetería e a continuación, a directora do IES Antón Losada Diéguez, levounos a coñecer o centro, realizando unha visita guiada polas distintas dependencias (biblioteca, laboratorio, talleres, aulas de música, plástica, informática...).

Xa de volta no autobús, Lucía Fernández e Imane Aga, amenizaron o regreso seleccionando cancións e cantando polo micrófono para tod@s  nós. A elas sumáronse entre outros: Sebastián, Sonia, Jonathan, Brenda, Isabel, ... Chegamos ao centro xusto a tempo para baixar os instrumentos e contarlles aos compañeiros e compañeiras a nosa experiencia. 

 

 

II Encontro de Alumnos de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia

A Asociación de Profesores de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia celebrou o día 26 de abril en Vilagarcía o "II Encontro de Alumnos de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia", unha actividade que reuniu a estudantes de quince institutos galegos, que interpretaron pezas musicais da terra, xa que este ano o tema elixido para este encontro foi a música creada en Galicia.

Durante toda a mañá o Auditorio vilagarcián converteuse nun fervedoiro musical no que adolescentes de distintos puntos da xeografía galega foron os protagonistas. Ademais dos catro de O Salnés, IES A Basella (Vilanova), IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía), IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía) e IES de Vilalonga (Sanxenxo),  tamén participaron os centros educativos Antón Losada Diéguez (A Estrada), Mestre Landín (Marín), Ribeira do Louro (Vigo), Rosais II (Vigo), Ramón Menéndez Pidal (A Coruña), Terra de Trasancos (Narón), Ortigueira (Ortigueira), Conde de Fenosa (Ares), Breamo (Pontedeume), Antonio Orza Couto (Boqueixón) e o IES Salvaterra de Miño (Salvaterra).


IV Encontro musical IES Mestre Landín e IES Antón Losada Diéguez

O pasado venres 1 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO do noso centro participou no “IV Encontro lingüístico-musical” celebrado en coordinación co IES Antón Losada Diéguez de A Estrada.

No Teatro Principal da vila tivo lugar un concerto organizado polo alumnado de 4º ESO do mencionado instituto, no que os estudantes dos dous centros desenvolveron o seguinte programa de actuacións:

“Kalinka” (Canción rusa) 

“Na beira” (C. trad. galega) 

“Erin Shore” (Trad. irlandesa) 

“A Princesa de Wexford”(Irlandesa) 

“Flashdance” (B.S.O.) 

“I have a dream” (B.S.O.) 

“Swing low” (Espiritual)

“All night” (Espiritual)

“Imagine” (John Lennon)

Concertos de Nadal

Durante esta semana previa ao Nadal, os alumn@s de 2º, 3º e 4º de ESO amenízannos os recreos con fermosas panxoliñas.

Recreos musicais

Por segndo ano o Departamento de Música agasállanos cos seus xa tradicionais recreos musicais, que nesta ocasión están dedicados a Santa Icía.

Martes 20 de novembro,  2º recreo: 2º da ESO

“Canción de Cuna” (J. Brahms)

“Move your body” (Step by step) 

 

Mércores 21 de novembro, 1º recreo: 3º da ESO

Cantiga Sta Mº Strela do dia”  (Afonso X) 

Balada  VII sois (Llivre Vermell) 

 

Xoves 22 de novembro (recreo):  4º da ESO

“No le daba el sol” (Popular asturiana) 

“I have a dream” (BSO de Mamma Mía) 

 

Venres 23 de novembro (recreo) 

sesión de hip-hop (Alex) 

 

Estes concertos son na aula de música e...

Estades tod@s convidad@s!!

Festival das Letras Galegas 2011

 

Departamento de música. Curso 2010-11

Distribuir contido