IMPORTANTE: PROCESO DE ADMISIÓN
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
1 - RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. (DOG do 6 de maio de 2020).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.pdf
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_conselleira_07_05_2020.pdf
1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.
2. Novos prazos do procedemento.
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
MATRÍCULA do alumnado actual e de nova admisión:
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria : do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.
Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.