IV Intercambio musical Marín- A Estrada

O día oito de maio, celebramos no IES Antón Losada Diéguez, da Estrada, o IV Intercambio Musical entre alumnos de 3º da ESO de ambos centros. 

Este é o segundo concerto que facemos este curso conxuntamente co alumnado de A Estrada, e estivo constituído na súa maior parte por obras traballadas durante as clases, dentro da programación de música histórica deste nivel.

As pezas  interpretadas no concerto foron:

Idade Media:

·   “Mia yrmana fremosa” (Martín Códax) IES Antón Losada Diéguez

·   “Quen a amagen” (Afonso X, o Sabio) IES Mestre Landín

·   “Balada do VII sois” (s. XIV, Llivre Vermell) IES Mestre Landín

·    “Santa María Estrela do Día” (Afonso X, o Sabio) Os dous centros xuntos

Renacemento:

·   “Branle” (danza renacentista) IES Antón Losada Diéguez

· “Romeo e Xulieta” (inspirada na obra de Shakespeare) IES Mestre Landín

Barroco:

·    “Canon” (Pachelbel) IES Mestre Landín

·    “Aria de Rinaldo” (Versión instrumental) Os dous centros xuntos

Tamén puidemos gozar coa interpretación da canción folk “O son do ar”, do grupo musical galego “Luar na Lubre”.

Despois do concerto, descansamos un pouco na cafetería e a continuación, a directora do IES Antón Losada Diéguez, levounos a coñecer o centro, realizando unha visita guiada polas distintas dependencias (biblioteca, laboratorio, talleres, aulas de música, plástica, informática...).

Xa de volta no autobús, Lucía Fernández e Imane Aga, amenizaron o regreso seleccionando cancións e cantando polo micrófono para tod@s  nós. A elas sumáronse entre outros: Sebastián, Sonia, Jonathan, Brenda, Isabel, ... Chegamos ao centro xusto a tempo para baixar os instrumentos e contarlles aos compañeiros e compañeiras a nosa experiencia.