I Xornadas de Astronomía e Navegación

O Ateneo Santa Cecilia en colaboración coa Escola Naval Militar, están a desenvolver as “I Xornadas de Astronomía e Navegación”, orientadas ao alumnado de ESO e Bacharelato. Con esta actividade, dende o Ateneo, preténdese continuar o camiño comezado hai algúns anos cara á recuperación da cultura mariñeira en Marín.

No día de onte, coa visita á Escola Naval, as nosas alumnas e alumnos de 1º de ESO puideron gozar dunha clase fóra das aulas do instituto e dentro dun marco non habitual para eles. A xornada constou da proxección dun documental sobre a orixe do Universo e os seus cambios ao longo do tempo, e da visita ao simulador de navegación da Escola Naval.