Cucañas e magosto 2012

 

Case como cada ano este inicio de curso estanos a deparar moitas sorpresas. Será consecuencia da crise, ou dos desexos de mellorar as súas expectativas laborais, a cuestión é que moitos dos nosos heroes favoritos van vir ó Mestre Landín para que lles axudemos a poñerse ao día nas cuestións culturais, científicas, tecnolóxicas … Sorprendente, verdade?

Afortunadamente imos contar coa colaboración do noso estupendo alumnado e  o persoal do centro que lles han facilitar a súa integración ao tempo que terán que ter coidado porque todos sabemos que onde hai un heroe … alá chega un vilán.

E para que todos poidamos coñecernos e gozar dunha xornada de esforzo, ilusión, traballo e entrega desinteresada, o vindeiro día 31 de outubro imos realizar a xa tradicional cucaña do Mestre Landín.

Esperámosvos a todos e a todas (os que teñades superpoderes podedes traelos ese día) para colaborar na posta a punto destes peculiares personaxes.