Inmersión lingüística

O xoves, 29 de febreiro de 2012, fomos a un intercambio lingüístico con rapaces/as de Castro Caldelas (Ourense). Acompañáronnos o profe de Educación Física e a profe de lingua galega.

Primeiro visitamos o mosteiro de Montederramo, que está en restauración e tamén funciona como colexio de primaria, onde só quedan doce nenos.

En segundo lugar chegamos a Castro Caldelas, coñecemos os alumnos do CPI Virxe dos Remedios, cos que nos escribiramos cartas, e a súa profe de lingua galega. Con eles subimos ao Castelo, un lugar encantador, cunhas vistas impresionantes.

E, como non? Visitamos o noso exprofe Anxo, no CPI de Castro Caldelas.

Despois, como xa había fame, decidimos comer. Aínda que o camiño a pé á beira dun río foi un pouco longo, unha vez chegamos a un bonito merendeiro, todos coincidimos en que pagaba a pena andar un pouco. Alí descansamos e mesmo xogamos ao fútbol cos outros rapaces.

Por último, despedímonos na praza do lugar e, de volta, no autobús, viñemos cantando as dúas horas de camiño!

Xa estamos desexando que veñan eles aquí!

                                                                                Carmiña -4ºA