Notas de prensa
RESULTADOS FINAIS COMENIUS 2009-2011
Enviado por oscar.gopa o Ven, 14/10/2011 - 08:31Xa rematamos o proxecto COMENIUS no que estabamos traballando cos nosos colegas de Polonia e Lituania, podedes seguir vendo e lembrando as viaxes no Blog do Comenius e entrando no E-journal para consultar os documentos elaborados entre os tres países.
Si entrades no seguinte link podedes ver os documentos elaborados polos tres países no seu formato definitivo
http://www.europeansharedtreasure.eu/detail.php?id_project_base=2009-1-RO1-COM06-03188
Novas na prensa
Enviado por oscar.gopa o Xov, 24/06/2010 - 17:01Novo artigo da viaxe do Comenius aquí
Noticias sobre o Comenius na prensa.
Enviado por oscar.gopa o Lun, 10/05/2010 - 06:58Xornalistas noveles de Ordes poñen rostro a cultura galega para Europa
08/05/2010
Estudan 3º e 4º da ESO no IES Maruxa Mallo de Ordes e xa entrevistaron ao ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; ao conselleiro de Educación, Javier Vázquez; ao director do Instituto de Medicina Legal, Ángel Carracedo; ao presentador do Luar, Xosé Ramón Gayoso; ao cardiólogo Alberto Bouzas; á gaiteira Susana Seivana, ou ao escritor Suso de Toro. Son sete dos nove persoaxes a través dos que queren describir a cultura galega para os seus compañeiros de Polonia e Lituania, onde outros dous institutos participan xunto ao galego nun programa da Unión Europea que ten por obxectivo mellorar as destrezas dos alumnos en inglés e novas tecnoloxías.
Os mozos de Ordes obtiveron unha subvención europea cunha dotación de 20.000 euros para o seu proxecto, ademais de axudas do concello e de varios empresarios locais. Con iso puideron viaxar a Lituania e pronto o farán tamén a Polonia, a onde levarán transcritas, en galego e inglés, e editadas en audio as entrevistas que estiveron facendo este trimestre para dar a coñecer a sociedade galega en Europa. O seu traballo tamén poderá consultarse, cando remate o curso e grazas ao programa E-journal –un Youtube a menor escala–, na páxina web do seu centro escolar.
O seu contacto co mundo do xornalismo foi do máis productivo. Isabel Mato, coordinadora deste proxecto, que leva por título Comenius, comenta que fixeron unha selección de dez personaxes relevantes e que todos, agás un, se prestaron encantados. Queda pendente algún outro, como Luis Tosar, co que non saben se poderán falar por cuestións de axenda. De momento, a mestra explica que melloraron as súas habilidades de comunicación, co inglés e a súa desenvoltura á hora de relacionarse con outras culturas.
Tamén conservan anécdotas. A do cativo que non puidera entrevistar a Touriño na campaña electoral e que o fixo agora e as das rapazas que se aventuraron, con algo de medo, a formular ao conselleiro Vázquez cinco preguntas sobre o decreto do galego. Contestóullelas todas.
Da experiencia poida que non saia ningún reporteiro, pero seguro que resultará algún médico. As súas entrevistas estaban tan preparadas que ata Carracedo lles contou que “lle dan mil voltas aos xornalistas”.
Xornal de Galicia do 27 de Febreiro
Enviado por oscar.gopa o Mér, 03/03/2010 - 08:01Recorte de prensa do 27 de Febreiro do xornal de galicia relacionado coa visita dos compoñentes do comenius a A Coruña
19 feb 2010
Enviado por oscar.gopa o Dom, 28/02/2010 - 17:54Nota de prensa relacionado coa chegada a Ordes dos Lituanos e os Polacos
Noticias sobre o Comenius na prensa
Enviado por oscar.gopa o Lun, 07/12/2009 - 16:31Nova noticia no Metropolitano
Novas notas de prensa sobre o Comenius
Enviado por oscar.gopa o Ven, 04/12/2009 - 07:45Novas notas de prensa de El Correo Gallego e de La Voz de Galicia.
PRIMEIRAS ACTIVIDADES NO PROGRAMA COMENIUS
Enviado por oscar.gopa o Xov, 08/10/2009 - 05:50
COMENZAMOS A NOSA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA COMENIUS, SI QUERES COLABORAR, SABER O QUE PASA E SENTIRTE PARTE DO PROGRAMA PINCHA NO SEGUINTE LINK E ENTRA NO NOSO BLOG, ALI PODERÁS SABER O QUE ESTAMOS A FACER E CONTESTAR UN INTERESANTE CUESTIONARIO SOBRE LITUANIA (en galego ou inglés) PARA QUE COÑEZAS MÁIS UN DOS PAISES COS QUE IMOS TRABALLAR