Saltar navegación.
Inicio

Entrevistamos a Javier Barral Lijó, récord estatal de memorización do número π

O pasado 28 de marzo recibimos a visita de Javier Barral Lijó, que ostenta o récord estatal de memorización do número  π, con 15464 cifras decimais. Aproveitamos a súa visita para reunirse co alumnado de 1º ESO B, que tamén lle realizou unha entrevista na radio escolar. Puidemos fotografalo no noso mural do número π canda África García Lorenzo, que actualmente ostenta o récord do noso centro con 166 cifras decimais.

Durante a charla comentou cousas moi interesantes. Decidiu bater o récord durante o confinamente, no que estabeleceu un horario diario para o estudo das cifras de  π. Tamén nos contou que a cifra final de decimais non é calquera, senón que ten un significado especial para el. E soubemos algo que nos enche de orgullo: a idea empezou a xermolar hai varios anos cando leu na prensa a nova da anterior marca do noso centro, estabelecida por Nuria Torres Novo!