Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Programacións didácticas. Curso 2022-23

Xúntanse as programacións didácticas do departamento de Matemáticas do IES Marco do Camballón para o curso 2022-23. 

No caso das programacións da ESO e atendendo aos cambios no calendario escolar establecidos na Orde do 27 de decembro do 2022 (DOG 5/01/23), na que se indica que deben coincidir a terceira avaliación parcial coa final nesa etapa, apórtanse as programacións modificadas no ensino obrigatorio, indicando os mecanismos de recuperación establecidos das partes non superadas ao longo do curso. 

·Audio "Let the rest the world go by". Frauta

Aquí vos deixo de momento o audio da peza que estamos a tocar. Podedes descargalo e pasalo ao móbil para poder practicar.

Tamén xunto o pdf da partitura

 

 

Profesorado do Dpto. de Orientación. Curso 2023-24

Ana Belén Fernández Porral (orientadora - xefa de departamento)

Paula Martínez Busto (profesora de FOL)

Jorge Rodríguez Serrada (profesor de PT)

Novidades na admisión á Formación Profesional Básica

As intrucións publicadas o 7 de xuño de 2024, relativas á admisión á FP, inclúen novidades na admisión á Formación Profesional Básica, que podes consultar no documento adxunto. 

Novidades na admisión á Formación Profesional Ordinaria

O pasado 7 de xuño publicábanse instrucións xerais para a admisión ás distintas modalidades de FP, incluíndo novidades respecto a cursos anteriores. Estas novidades afectan á modalidade de FP ordinaria, que se imparte no noso centro. Podes consultar as novidades relevantes e información de interese na admisión ás ensinanzas de FP ordinaria (grao medio e superior), no documento adxunto. 

Diversidade cultural

O alumnado de 1º ESO leva uns días falando nas titorías sobre o racismo. A temática do racismo no fútbol, tan tristemente frecuente no noso país ultimamente, serviunos para introducir o tema, abríndose o debate na aula a partir das novas publicadas en prensa e televisión.

Tras introducir o tema, identificamos certas condutas racistas que poden darse no día a día, xunto con posibles solucións ou formas de abordalas, para finalmente, achegarnos a outras culturas.Que mellor forma de combatir os prexuízos que con educación e coñecemento! Aproveitando que na aula hai alumnado de distintas culturas e procedencias, así como outros que teñen interese en culturas distintas á súa, o alumnado contou aos seus compañeiros/as sobre as súas orixes e/ou intereses. Coñecimos sobre gastronomía, tradicións, lugares....servíndonos da rede para amosar imaxes. 

Sen dúbida, unha cuestión interesante e sobre a que seguiremos a incidir!

Prevención de adiccións - Proxecto Home

Dende Proxecto Home informan ao alumnado de 2º, 3º e 4º ESO e 1º FPB sobre as adiccións, co obxectivo de informar e previr as mesmas.

Que son as drogas, tipos, efectos e consecuencias son algunhas das cuestións que se abordaron nas sesións, concienciando ao alumando da importancia de tomar decisións adecuadas e saber dicir que NON. No caso de 2º ESO e FPB, as sesións centráronse tamén na prevención de adiccións sen substancia (adicción ao móbil, videoxogos, apostas....), pois son tan dañinas como aquelas nas que se inxiren substancias e tamén requiren de tratamento. 

O alumnado participou de forma activa nas distintas sesións, nas que se pretende, entre outras cuestións, favorecer o pensamento crítico e o ocio saudable.

Saúde mental

Seguimos a traballar sobre a educación emocional, neste caso centrándonos na saúde mental. 

Na asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos do Enfermos Mentais, son coñecedores da importancia de formar e informar sobre a saúde mental. Conscientes da relevancia do tema, da transcendencia a calquera idade, incluída a adolescencia, e da importancia de traballar dende a prevención, no mes de maio visitounos persoal da asociación para levar a cabo un obradoiro co alumnado de 4º ESO. 

Abordouse a saúde mental, regulación emocional, xestión do estrés, autodeterminación e empoderamento mediante dinámicas activas e participativas nas que o alumnado foi o protagonista.  

Ciberasesor@s

O alumnado de 2º ESO leva un tempo traballando no programa Ciberasesor@s. Despois de adentrarse no coñecemento de internet e redes sociais, creamos equipos de traballo que están a investigar sobre os principais riscos das novas tecnoloxías.

Nestas fotos, servímonos do estudo de casos para aprender de forma activa e entretenida, conectando o contido coa realidade. Así, a rapazada está a analizar noticias de distintos xornais sobre o tema de traballo, para saber un pouco máis e formar e informar aos seus compañeir@s. 

Seguiremos traballando para amosar os traballos cara o final do curso!

 

 

 

 

 

 

 

FP das familias de administración e agraria

Esta semana visitáronos tres docentes do IES de Arzúa para presentar ao alumnado de 3º da ESO os ciclos formativos que se poden estudar no seu instituto, onde se imparten ciclos básicos, medios e superiores das familias de administración e tamén de agraria.

O alumnado puido coñecer que se estuda e que se aprende a facer nos ciclos que imparten, tendo máis información para o seu proceso de toma de decisións. 

 

 

 

 

 

Distribuir contido