Con este proxecto preténdese levar a cabo unha
serie de actividades dirixidas a promover unha alimentación saudable entre toda a comunidade educativa do IES Leiras
Pulpeiro, facendo partícipes tanto ao alumnado como a todas as familias.
Obxectivos específicos do proxecto:
- Adquirir os coñecementos básicos sobre alimentación e nutrición.
- Aprender a discriminar produtos en función dos beneficios para a saúde.
- Coñecer e valorar a oferta de alimentos da contorna.
- Promocionar o consumo de froita no períodos de lecer e a elección de alimentos saudables tanto da Cafetería do centro como os que traian dende as súas casas.
- Desenvolver a capacidade crítica ante mensaxes procedentes do ámbito da publicidade.
- Promocionar unha alimentación saudable acompañada da práctica deportiva.
- Teacher: Pérez Lara
- Teacher: Gómez Rodríguez Cristina