O módulo de EIE impártese como módulo transversal en tódolos ciclos formativos, agás naqueles nos que  o currículo abrangue tódolos aspectos relacionados coa creación, xestión e comercialización dunha empresa, como é o caso dos ciclos da familia Administrativa e de Xestión.

O obxectivo é fomentar o espíritu emprendedor e dotar ao alumnado de capacidades básicas para crear e xestionar  unha empresa.

 

Neste curso atoparemos dúas unidades formativas:

UF1._ Prevención de Riscos Laborais. Son catro unidades didácticas que teñen como obxectivo que acadedes competencias profesionais e persoais relacionadas coa seguridade e saúde laboral. Unha vez superada esta Unidade Formativa estaredes capacitados/as para realizar funcións dun técnico básico de prevención de riscos laborais. 

UF2.- Cun bloque de contidos que abrangue os Equipos de Traballo, os conflitos e medios de resolución, a relación laboral e os dereitos e deberes derivados, e a busca de emprego e a orientación profesional.


Este é un curso para poder ir probando a configurar o curso, xestionalo e subir distintas tarefas. É un curso ensaio.

Este é o curso de FOL creado na Aula Virtual do IES Laxeiro dirixido ao alumnado de 1º ano do ciclo medio de Equipos e Instalacións Eléctricas e Automáticas.

O módulo está integrado por dúas unidades formativas:

  •  UF1 de prevención de riscos laborais, na que nos capacitaremos para desenvolver as competencias dun técnico básico de prevención de riscos. Por esta razón, superado este módulo obteremos o certificado correspondente por un total de 45hs. e a
  • UF2 na que abordaremos cuestións relativas á relación laboral individual e os dereitos e deberes laborais que dela se derivan, o traballo en equipo e o deseño do  obxectivo e carreira profesional así como as técnicas de busca activa de emprego.

Este é un módulo dirixido á guiarvos  polo camiño dunha  vida laboral adulta. Na que é tan importante ser un bo técnico especialista, como coñecer os dereitos e obrigas que temos como traballadores ou autónomos, como traballar de maneira segura e eficiente, que ocorre se sufrimos un accidente ou unha enfermidade profesional, que é a Seguridade Social e para que serve, como actuar no caso de despedimento, como reclamar o que nos corresponde, que facer se quedamos no paro, como participar nos equipos de traballo,etc. 

Non se trata de sabelo todo; trátase de saber o imprescindible para poder facer as preguntas axeitadas, diante das persoas ou organismos axeitados, comprender as respostas e ir solucionando así os problemas que se presenten.