Sección específica do Club de Lectura da Biblioteca do IES Lamas de Castelo. Curso 2021-22.

Dende o curso 2021-22, vimos celebrando esta data que organiza cada ano a  Biblioteca Nacional de España, unha iniciativa organizada pola BNE en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Ejecutivas, Profesionales e Empresarias (FEDEPE) y coa Asociación Clásicas e Modernas co obxectivo de reivindicar a labor e o legado das escritoras ao longo da historia, e á que se suma tamén a Asesoría de Bibliotecas Escolares.

O club de lectura deste ano 2021 pretende promocionar a lectura por pracer entre o alumnado.

En principio, estas son as tres liñas ou seccións que ofertamos:

  • Clásicos da literatura: neste grupo, leranse títulos que pertencen aos clásicos da literatura nacional e universal. Encargada: María Ángeles Abeledo. Día de reunión: xoves.
  • “Modernos”: incluirá títulos literarios que poden resultar máis actuais ben por temática, ben por ano de edición, e (aínda) non poden ser considerados “clásicos”. Encargadas: María Ángeles Abeledo e Renée Huerta. Día de reunión: martes.
  • Banda deseñada: leremos títulos dos dispoñibles nos fondos, para dinamizar esta tan esquecida
    sección. Encargada: Renée Huerta Latrille. Día de reunión: venres.