Profesorado

Alumnado

Novos positivos no centro

Bo día,
 
esta semana acumulamos 5 novos positivos no centro. 3 deses casos corresponden coa aula confinada de bacharelato como era previsible.
Os outros 2 casos foron contactos con positivos fóra do ambiente escolar.
 
En principio, os positivos producíronse por contactos externos ao centro e a Consellería entende que non é necesario tomar ningunha outra medida sanitaria, de momento.
O resto de alumnado e grupos seguirán coa súa docencia habitual.
 
De tódolos xeitos, pregramos responsabilidade das familias e dos alumnos/as, estremar as medidas de protección e non relaxarse nas mesmas cando fagan vida social, dentro ou fóra do instituto.
 
Calquera dúbida ou cuestión, poden contactar co centro nas formas habituais.
 
Saúde e sorte
Equipo Covid IES Lagoa Antela