Aquí tedes tarefas para estes días. Irei colgando máis dependendo do tempo que esteamos sen clase. Non mandedes as actividades para que as corrixa. corrixirémolas cando vollvamos a clase. Se tedes algún problema, podo resolvelo a través deste foro ou no correo amaliavea@edu.xunta.es Moito ánimo. A traballar!

Exercicios para a primeira semana:

1. Escribe tres alimentos de cada tipo:

a) doces: ...

b) cereais: ...

c) friame: ...

d) peixe: ...

e) lácteos: ...

f) froita: ...

g) hortalizas: ...

2. Redacta un pequeno texto coas recomenda­cións que, na túa opinión, son necesarias para levar unha vida saudable.

3. Escribe o feminino destes substantivos: xuíz, chinés, actor, patrón, xenro, capitán, campión, cliente, duque, león, heroe, can, bisavó, xudeu, alemán, rei, peixeiro, alcalde, príncipe, ladrón, adestrador, xefe, bailarín.

4. Escribe o substantivo que corresponde a cada un destes verbos, poñéndolle diante o ou a, se­gundo cumpra. Por ex.: suar estrear ... sangrar ... viaxar ... ordenar ... doer ... sinalar ...

5. Escribe de novo estas oracións, poñendo en plu­ral todas as palabras que poidas:

Mete na lavalouza a culler e a cunca, colle o pano de mesa e quita o mantel.

Meu irmán e miña irmá van facer unha excur­sión e pensan visitar un val onde seica vive un animal que é bastante difícil de ver neste mes.

Canta trapallada hai nesta caixa! Un álbum, un mandil, un compás, un anteface, unha chave in­glesa, un ferro de pasar...

6. Pon os acentos diacríticos que sexan necesarios nestas oracións:

Sabes que os programas de televisión de mais audiencia son os musicais dirixidos aos mozos e as mozas coma nos?

O ordenador que hai no colexio e moito mais potente co que teño eu na casa.

Compre que vaia ao supermercado da esquina e compre mais leite e te.

Dóeme este pe, porque me fixen dano ao dar­lle unha patada a bola.

Nin sei facer o no da gravata nin me gusta esa peza de roupa, mais, por se cambio de opinión, teño tres ou catro no roupeiro.

O meu animal preferido e o oso panda.

Da este paquete da miña parte a Sara; e lém­bralle que o abra, que as veces e un pouco des­pistada.

Por que non vos achegades vos? Nos temos moita presa.

7. Escribe unha oración con cada parella de pala­bras: fora – fóra, oso – óso, ven – vén, bola – bóla

8. Escribe o nome das principais leis que afectan á lingua galega. Cantas linguas sabes falar?

9. Relaciona cada definición co tipo de texto narra­tivo que corresponda: lenda novela conto fábula

a) Narración breve, normalmente en prosa, con poucos personaxes e argumento sinxelo.

b) Relato protagonizado por animais que actúan como humanos e do que se tira unha ensinanza.

c) Narración que mestura feitos naturais con ou­tros de carácter fantástico, protagonizada por personaxes con poderes sobrenaturais.

d) Narración extensa cuxos elementos espa­zo-temporais están moi caracterizados.

Traballando coa lingua

Práctica Morfoloxía 3
Contexto histórico medieval
Literatura galego-portuguesa medieval
Esquema
 Pasos
 Presentación
 Conectores 
Aprendemos a facer un comentario artístico dunha obra medieval