Programación específica para la alumna Aldara Piñeiro García

A familia de Imaxe Persoal dispón duns currículos adicados ós coidados da imaxe persoal en tódolos aspectos, e concretamente a depilación precisa conxugar coñecementos de caracteres morfolóxico (a pel,o pelo, funcións e alteracións dos mesmos,etc.) como técnicas manuais e mecánicas empregando o uso de cosméticos e aparellos axeitados.
Dende épocas primitivas o ser humano mostrou interese por ter un corpo sen peluxe. Son numerosas as técnicas empregadas. O avance científico e técnico supón o uso de métodos mais duradeiros e menos agresivos para a pel, así coma melloras das fórmulas cosméticas para que sexan mais efectivas na erradicación do vello corporal.

O módulo de micropigmantación está destinado a preparar ó futuro profesional a realizar maquillaxes correctivas por microimplantación de pigmentos, personalizadas
e adaptadas ás necesidades de cada cliente dentro dunhas condicións de hixiene e seguridade óptimas e adaptándose á normativa comunitaria estatal e autonómica.
Dentro dunha comunidade autonómica que pertence a un país que está dentro da comunidade económica europea, cómpre atender a unha crecente demanda de servizos que atendan ás necesidades dunha clientela que cada vez está máis afectada de patoloxías que desencadean nunha perdida de peluxe facial e de manter unha imaxe física para así axudar a manter un equilibrio emocional.