Noticias do sitio

Parabéns para Nerea

Parabéns para Nerea

de Pablo Blanco Quiroga -
Número de respuestas: 0

O mércores 24 de maio a alumna Nerea Quiroga Rodríguez de 2º STEMbach defendeu o seu proxecto de investigación realizado ao longo de dous anos, diante do correspondente tribunal universitario.
O traballo presentado por Nerea levaba por título “Deseño centrado no usuario para a modelaxe e impresión 3D”. Esta investigación estivo titorizada por María Elena Arce Fariña, María Isabel Fernández Ibáñez, José Antonio López Vázquez, docentes da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol, Departamento de Enxeñería Industrial. O estudo centrouse na creación dunha peza que de xeito efectivo axude a escritura de persoas que presentan dificultades manuales e  a creación do correspondente obxecto de escritura. O deseño fíxose en colaboración directa con “ASPACE (Confederación Española de Asociacións de Atención a Persoas con Parálisis Cerebral)”, quenes amosaron as problemáticas e necesidades das persoas que atende a Confederación. Está dirixido a persoas con deformacións óseas e complicacións prénsiles.
Todos os prototipos e deseño final foron fabricados mediante impresión 3D e corte láser no centro.
O proxecto obtivo a calificación de sobresaliente, polo que a alumna recibiu os parabéns por parte dos integrantes do tribunal.

nerea