Información das probas libres de acceso á FP de Grao Medio

A modo de resume... que debemos saber?

  1. Requisitos das persoas participantes ás probas libres de acceso aos Ciclos Medios

As persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos (título de Graduado/a ESO ou equivalentes) para acceder a eles e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

2. Prazo de inscrición nas probas:

Ciclos Medios: Do 15 ao 26 de marzo.

Celebración da proba: 27 de maio no centro a determinar

3.Estrutura e organización da proba

A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 38.3 do Decreto 114/2010. Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:

a)       Parte SOCIOLINGÜÍSTICA:

-          Lingua Castelá.

-          Lingua Galega.

-          Ciencias Sociais.

b)       Parte MATEMÁTICA

-          Matemáticas

c)       Parte CIENTÍFICO – TÉCNICA

-          Ciencias da natureza

-          Tecnoloxía

 

É posible solicitar a exención total ou exencións parciais de partes da proba. Podes consultar coa orientadora do centro estes supostos.

4. Materiais de probas de acceso

Na seguinte ligazón pódense consultar exames e materiais didácticos das convocatorias anteriores da proba de acceso a ciclos formativos de grao  medio.

Materiais didácticos
Exames de convocatorias anteriores

 

Última modificación: Mércores, 10 de Febreiro de 2021, 19:07