Convocatoria do SUR: Aberto o prazo de solicitude no Servizo Universitario de Residencias ata o 28 de xuño

A USC ten aberto o prazo ordinario de solicitude para o seu Servizo de Residencias Universitarias. Atención ás datas xa que remata o 28 de xuño de 2021.

SOLICITUDES DE NOVA ADMISIÓN: Resumo

• Encher a solicitude de nova admisión telematicamente. No paso 6 deberá achegar toda a documentación que sexa preciso. Para isto, debe consultar detidamente o apartado 6 das Bases da convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento no SUR: https://www.usc.es/gl/servizos/sur/bases.html

• Imprimir a solicitude e asinala. Todos os membros da unidade familiar (incluído o/a solicitante) deben asinar na primeira folla da solicitude e a persoa solicitante tamén na última folla (autorización do tratamento de datos).

• Escanear a solicitude debidamente asinada e presentala (unicamente a solicitude) no rexistro electrónico da USC (ver instrucións máis abaixo).

• De forma excepcional, se non fose posible a presentación no rexistro electrónico da USC, poderán presentala nas oficinas de asistencia en materia de rexistro da USC ou doutra administración pública, noutros rexistros electrónicos do sector público, ou por calquera dos outros medios recoñecidos na Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.