Esquema de temas
Xeral
Unidade 1: O comezo da Filosofía
Exponse a orixe do pensamento grego e as súas condición materiais, para afondar nas características común aos distintos filósofos presocráticos e no seu pensamento particular, facendo énfase na evolución do mesmo. Por último preséntanse os plantexamentos antagónicos dos sofistas e de Sócrates.
Unidade 2: O pensamento de Platón
Explícase o pensamento de Platón, tendo en conta o seu papel no pensamento grego e a súa proxección na Historia da Filosofía
Unidade 3: O pensamento de Aristóteles
Preséntase o pensamento de Aristóteles, dende a súa crítica ao dualismo platónico ata a metafísica, física, ética e política do autor.
Unidade 4: o pensamento na época helenística
Exponse o pensamento helenístico en tres das súas correntes fundamentais: epicureísmo, estoicismo e escepticismo
Unidade 5: O pensamento medieval
Exponse o pensamento medieval, introducindo a revolución espiritual levada a cabo polo Cristianismo e as consecuencias no debate fe/razón. Posteriormente trátanse tres principais expoñentes: Santo Agostiño, Santo Tomé e Guillermo de Ockham.
Unidade 6: O pensamento racionalista de Descartes
Exponse o pensamento do filósofo Descartes, particularmente os conceptos relacionados co seu método e co concepto de cogito; déixanse a un lado elementos como a sustancia, a percepción ou os tipos de ideas.
Unidade 7: O liberalismo político de J. Locke
Exponse o pensamento contractualista de Locke, que dará lugar á teorización do Estado liberal
Unidade 8: O empirismo de D. Hume
Exponse o pensamento empirista de Hume e as súas consecuencias: a crítica á causalidade e á sustancia
Unidade 9 - A Ilustración e o criticismo de Kant - parte I
Exponse a Ilustración e a primeira parte da filosofía de Kant: a relacionada coa Crítica da razón pura
Unidade 10 - O uso práctico da razón en Kant
Segunda parte da filosofía de Kant: ética (Crítica da Razón Práctica e Fundamentación da metafísica dos costumes)
Unidade 11 - O pensamento de Marx
Exponse o pensamento de Karl Marx facendo especial énfase nos conceptos de alienación e ideoloxía. Resáltanse tamén as influencias recibidas da tradición filosófica e as repercusións do autor.
Unidade 12: Nietzsche e a crítica á cultura occidental
Unidade 13: O raciovitalismo de Ortega y Gasset
Documentos organizativos e lecturas
Documentos relacionados coa xestión do curso e o proceso de ensino.