Esquema de temas
Xeral
Sobre o curso..
O presente curso pretende axudar ao docente a empregar certos recursos da plataforma Moodle así como o uso de videoconferencias cisco webex. Consideramos que ambas tecnoloxías poden ser de utilidade, especialmente nos tempos actuais. Os titoriáis están feitos empregando a plataforma actual da aula virtual da consellería, (Moodle 3.3).
A didáctica empregada será ensinar a base de exemplos. Os exemplos tentaremos que sexan próximos á forma de traballar dos docentes. Evitaremos adicar tempo a explicar opcións da plataforma que rara vez se usan, ou que aportan pouco ao noso traballo.
En canto a temporalización, son 16 horas. (unhas 3 semanas aprox). Tentaremos que nese tempo queden claros 3 ou 4 conceptos. A plataforma e moi ampla, con moitas posibilidades pero penso que é importante ter obxectivos alcanzables dentro do tempo que temos.
Como requisito previo, deberiamos coñecer o básico: Crear contidos (etiquetas, arquivos, videos), saber colocar eses contidos, matricular usuarios, foros, novas etc. Pos suposto axudaremos aos que teñan dificultades nestes temas.
Relator: Alfonso Pereira (alfonsopereira@edu.xunta.es) Profesor de ensino secundario, especialidade de informática no IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña.
Todo o material está baixo licenza Creative Commons BY-NC-SA, polo que podedes libremente usalos e adaptalos para fin non comerciais.
Alumnas de probas
- alumnaprobas1 con contrasinal alumnaprobas1555
- alumnaprobas2 con contrasinal alumnaprobas2555
1. A utilidade das tarefas
As tarefas, representa un recurso moi útil para o docente. Non so permiten poñer traballos aos estudantes, ou exames. Tamén permiten recoller eses traballos de xeito ordeado, indicando datas de entrega, tipos de arquivos permitidos etc.
Como pedir un traballo aos alumnos
Como un alumno pode entregar a tarefa. (debes usar a conta de alumno de probas)
Como examinar aos alumnos (empregando o recurso tarefa).
Práctica e avaliación
1. Realiza os pasos dos manuais no teu curso
Lembra, que debes matricular aos alumnos de probas como estudantes no teú curso.
2. Cualficación das tarefas.
Unha vez entregada a tarefa polo estudante, que pode ser un exame ou un traballo, imos ver como calificala, poñerlle observacións ou comentarios para que o alumno/a vexa os seus erros.
Como cualificar unha tarefa
Como ampliar o prazo de entrega.
Práctica e avaliación
1. Crea primeiro 4 tarefas (outono, inverno, primaveira, verán).
2. Segue os pasos para calificar as tarefas. (previamente cos alumnos de probas deberias entregalas)
3. Caderno de cualificacións
O caderno de calificacións é un lugar onde temos todas as calificacións das tarefas de todolos alumnos. Podemos ordealas por avaliacións, calcular notas ponderadas, engadir elementos de cualificación adicionais como participación, asistencia etc.
Como configurar o libro de cualificacións
Como engadir novos elementos ao libro de cualificacións
Como cualificar novos elementos do libro de cualificacións.
Como os alumnos poden ver a súas cualificacións
Cada alumno poderá ver so as súas calificacións, premendo no libro de cualificacións.
Práctica e avaliación
1. Realiza os pasos dos manuais no teu curso
4. As probas (cuestionarios)
As probas ou cuestionarios permiten crear formularios de preguntas aos alumnos. Existen moitos tipos de preguntas, por exemplo de escolla, de verdadeiro falso, de texto curto etc. Imos traballar incialmente con preguntas de escolla porque permiten ser avaliadas automaticamente por Moodle.
Para elo debemos entender que Moodle garda as preguntas nun "banco de preguntas" ordeadas por categorías. Logo poderemos crear unha proba e elixir que preguntas do banco se incluirán.
E dicir, os pasos a seguir son:
1. Crear unha categoría de preguntas no banco
2. Engadir preguntas a unha categoría
3. Crear unha proba e asignarlle preguntas do banco.
Como engadir unha categoría
Como engadir preguntas
- Como engadir unha proba
- Como facer a vista previa da proba
Práctica e avaliación
1. Realiza os pasos dos manuais no teu curso
5. Moodle. Para saber mais.
6. Vídeoconferencias con Webex