Esquema de temas
Xeral
Tema 1
INTRODUCIÓN AO ENSINO MIXTO. A ENSINANZA NOS TEMPOS DA COVID-19
A situación de emerxencia de saúde pública ocasionada pola Covid-19 esixiu facer modificacións de calado profundo na práctica educativa en tempo récord. Neste contexto, é importante abrir un proceso de reflexión, xeración de ideas e formación no uso de ferramentas tecnolóxicas co fin de poñerse en disposición de poder deseñar experiencias de aprendizaxe significativas ao tempo que flexibles. É dicir, dada a situación de incerteza actual ou outras que poidan ocorrer no futuro, o ensino mixto, abordado desde equipos coordinados horizontalmente, pode proporcionar a flexibilidade necesaria para garantir a continuidade da práctica educativa, ben sexa nun espazo presencial ou virtual. Neste curso ofrécense achegas sobre o ensino mixto e o uso de ferramentas tecnolóxicas aplicadas á docencia. Por último, analízase o ecosistema dixital galego e como este pode servir a eses fins en tanto nos permite organizar e estruturar o noso traballo nun espazo virtual.
Curso dispoñible en aberto na plataforma PLATEGA
Información e recursos para o mantemento da acción educativa mundial a través de webinarios, testemuños doutras escolas, recursos pedagóxicos dixitais, etc.
Tema 2
SERVIZO DE VIDEOCONFERENCIA CON WEBEX
Esta plataforma de videconferencia permite aos/ás docentes interactuar en tempo real co seu alumnado a través de son e imaxe, compartindo contidos, facendo cuestionarios e exercicos en tempo real e de xeito colaborativo, etc.
Usa o foro para resolver dúbidas ou atrancos:
- Antes de nada, mira se alguén expuxo xa a túa dúbida. Se é así, fíxate na resposta.
- Se non atopas resolta a túa dúbida ou dificultade:
- Preme en "Engadir un novo tema".
- Formula con claridade a dúbida achegando todos os detalles necesarios, evitando títulos xenéricos como "Teño un problema".
- Agarda a resposta
E se coñeces a resposta á pregunta que formula algún compañeiro ou compañeira non dubides en contestar... a forza está no grupo.
ACCESO AO SERVIZO
RECURSOS
Tema 3
CREACIÓN E MANEXO DE AULAS VIRTUAIS CON MOODLE: ASPECTOS XERAIS DE MOODLE
Neste bloque traballarase na creación e manexo de cursos na aula virtual con Moodle.
Comenzamos explicando algúns conceptos básicos así como aqueles aspectos de carácter xeral que nos axudarán a entender o funcionamento de Moodle.Veremos cales son os elementos principais que se mostran na pantalla de Moodle, como xestionar a información persoal do usuario, como xestionar os ficheiros propios e os ficheiros do curso no que estamos traballando, así como tamén algúns aspectos que son comúns en canto ao traballo cos recursos e as actividades.
No apartado Recursos recóllense os recursos informativos máis axeitados para as necesidades formativas do profesorado participante.
No apartado Tarefas propóñense tarefas ou prácticas concretas a desenvolver, a ser posible, a través do traballo en cursos propios ou cursos de prácticas.
Usa o foro para resolver dúbidas ou atrancos:
- Antes de nada, mira se alguén expuxo xa a túa dúbida. Se é así, fíxate na resposta.
- Se non atopas resolta a túa dúbida ou dificultade:
- Preme en "Engadir un novo tema de discusión"
- Formula con claridade a dúbida achegando todos os detalles necesarios, evitando títulos xenéricos como "Teño un problema".
- Agarda a resposta
E se coñeces a resposta á pregunta que formula algún compañeiro ou compañeira non dubides en contestar... a forza está no grupo.
RECURSOS
TAREFAS
Practica no teu curso virtual
O obxectivo consiste en crear e configurar unha aula virtual complementaria do ensino presencial que servirá para xestionar nela contidos, recursos, actividades, tarefas... dixitais e poder desenvolver a actividade docente en liña.
- A aula virtual creada en Moodle deberá ter a mesma estrutura organizativa que teña a materia á que complementa. É dicir, se a materia / área organizouse en 12 temas na programación ou nos libros de texto dixitais, a aula virtual deberá ter en paralelo 12 temas para xestionar neles os contidos e actividades dixitais.
Nivel básico
Esta tarefa consiste en crear e configurar a estrutura da aula virtual, é dicir:
1. Crea un curso na aula virtual do teu centro para configurar a túa aula virtual dunha materia ou área. Se non tes creada a estrutura do curso, pídelle ao administrador da AV (Xabier) que che cre unha.
2. Configura na aula un tema do curso para cada tema da programación ou do libro de texto ou dos materiais dixitais de creación propia da materia ou área elixida. Deberá ter:
-
- Unha cabeceira onde recolla o nome da materia ou área, o nome da profesora ou profesor...
- Tantos temas e cos mesmos títulos que os programados, os do libro de texto....
- Un tema, oculto ao alumnado, repositorio de materiais e para o mantemento da aula virtual.
Tema 4
CREACIÓN E MANEXO DE AULAS VIRTUAIS: COMO XESTIONAR UN CURSO
Neste tema aprenderemos a modificar, configurar e xestionar íntegramente un curso.
A xestión dun curso de Moodle implica varios aspectos como o control de toda a actividade dos alumnos, a xestión das cualificacións, a creación e a xestión dos distintos grupos de alumnos no que podemos dividir o curso, así como tamén aspectos relacionados coa apariencia e as funcionalidades dispoñibles no propio curso.
RECURSOS
Tema 5
CREACIÓN E MANEXO DE AULAS VIRTUAIS: RECURSOS E CONTIDOS DE MOODLE
Un curso virtual é unha estrutura na que podemos ir engadindo contidos para o alumnado. A aula virtual facilita incorporar e xestionar todo tipo de recursos dixitais: texto, imaxes, audio, vídeo, multimedias...
Para iso empréganse os "Recursos" que veñen sendo como unhas caixas nas que colocamos os contidos para amosalas na aula virtual. Coñeceremos: Etiqueta, URL, Ficheiro, Cartafol, Páxina e Libro.
RECURSOS
TAREFAS
Transmite ao alumnado contidos, recursos educativos... na túa aula virtual
Agora engade contidos á túa aula virtual. Comprobaches nos casos prácticos que a aula virtual é unha canle ideal para transmitir ao alumnado todo tipo de materiais en soporte dixital.
Esta tarefa consiste en engadir a túa aula virtual recursos educativos, documentos dixitais etc... de diferente tipo dos que vés usando co teu alumnado...
Nivel básico
-
- Unha ligazón a un sitio web (URL)
- Un documento en formato PDF (Ficheiro)
- Un cartafol para comparir recursos dixitais como imaxes, documentos... (Cartafol)
- Unha páxina con algúns contidos (Páxina)
Nivel Inicial
-
- Un libro con varias páxinas (Libro)
- Embeber recursos multimedia na Páxina ou no Libro
Aproveita o tempo empregando recursos dos que vés usando.
-
Tema 6
CREACIÓN E MANEXO DE AULAS VIRTUAIS: AS ACTIVIDADES E A SÚA AVALIACIÓN EN MOODLE
As actividades de Moodle son todos aqueles elementos sobre os que o alumno poderá traballar e interactuar.
Unha actividade, polo tanto, é un nome xenérico que Moodle utiliza para denominar un elemento interactivo sobre o que o alumno deberá realizar determinadas accións propostas polo profesor.
Para que o alumnado poda realizar actividades na aula debe estar rexistrado no Moodle do centro (xestión feita polas persoas administradoras) e matriculado na aula ou curso virtual (configuración feita polo profesorado).
Por outra banda, a avaliación é un proceso imprescindible cando ensinamos. Moodle ofrece diferentes instrumentos de avaliación que cumpre aprender a manexar, tales como
- Escollas
- Enquisas
- Cuestionarios tipo test, de corrección automática
- Tarefas con entrega de productos dixitais
- Talleres, para practicar a autoevaluación, a coevaluación
RECURSOS
TAREFAS
Xestiona actividades na aula virtual: transmisión de instrucións, Foros...
Nesta tarefa imos inserir na aula ou curso virtual do proxecto final actividades para o alumnado.
Nivel básico
1. Engadir unha tarefa sen entregas, é dicir que mesmo un convidado sen identificar poda visualizar
- Engade unha actividade "Tarefa" na túa aula virtual
- Configúraa para que podan visualizala mesmo convidados.
Nivel inicial
2. Engadir unha tarefa con entrega, é dicir o alumnado debe estar rexistrado na aula virtual e matriculado no teu curso virtual
1. Engade unha actividade "Tarefa" na túa aula virtual
2. Configúraa para que entreguen texto en liña, algún arquivo... ou o que a tarefa solicite
3. Cando o alumnado entregue a tarefa poderás revisala e cualificala.
Opcionalmente, proba a engadir un Foro de debate (require identificarse cun usuario rexistrado na aula virtual)
- Engade unha actividade "Foro"
- Engade unhas orientacións para enfocar o debate cara un aspecto concreto facilitando recursos de diferente tipo, formulando cuestións...
Tema 7
MOODLE MOBILE
Características principais
Coa app Moodle Mobile, todos os teus cursos móstranse nunha lista con acceso fácil aos contidos, participantes, cualificacións e notas.
Conéctate cos participantes do curso
Podes acceder ao perfil de cada participante e contactar con eles pulsando sobre os seus datos de contacto.
Accede fácilmente ao contido do curso
Visualiza as actividades do curso e descarga os materiais que queiras usar off-line
Cualificacións e cualificar
Os alumnos poden acceder ás súas cualificacións nos cursos que están matriculados e os profesores poden ver os envíos das tarefas dos seus alumnos.
RECURSOS
Tema 8
OUTRAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS: O ECOSISTEMA DIXITAL GALEGO
RECURSOS
Tema 9
BOAS PRÁCTICAS
Neste módulo examinaremos o traballo doutros e doutras docentes, centros educativos, comunidades e institucións para extraer boas prácticas que nos poidan servir de inspiración para a nosa propia praxe ou para tecer redes. Recollemos aquí algunhas boas prácticas que se levaron a cabo durante o confinamento nos centros educativos, redes sociais, páxinas web, etc.
A iniciativa "Hackea la cuarentena" é unha iniciativa dunha comunidade que puxo á disposición de todo aquel que o quixese varios cursos de programación para todos os niveis (dende infantil, con xogos nos que aplicar o pensamento computacional, ata secundaria, con cursos de programación de aplicacións para móviles).
É unha iniciativa 100% online, polo que garantiza o acceso aos recursos, se ben é totalmente "autoformativa": propóñense unha serie de tarefas e posteriormente se indican as solucións a cada unha delas para que cada un poida corrixir o que tivese feito mal.
Cada un dos cursos está orientado a un rango de actividades concreto, con actividades propias para esa idade e numerosos retos en forma de xogos que os estudantes poden crear para practicar os seus avances.
Os contidos a traballar organízanse en clases, pensadas para un día de traballo (entre unha hora e unha hora e media). Ao finalizar cada clase se propón unha tarefa en forma de reto, e a medida que o estudante vai completando as tarefas, avánzase nos contidos e propóñense retos máis complexos, polo que o traballo é completamente independente.
Se ben os contidos a traballar por medio desta ferramenta non se corresponden cos definidos nos currículos oficiais, é unha moi boa ferramenta para traballar outras competencias e adquirir novos coñecementos que lles poden ser de moita utilidade. A principal ventaxa é que non o ven como un traballo de clase, senón como un xogo.
Dende a primeira semana do confinamento, entre a dirección do centro e as dúas persoas encargadas de TIC, creouse un sistema de resolución de incidencias e formación sobre a aula virtual do centro orientado tanto cara ao alumnado como ao profesorado.
Fíxose o seguinte:
Para o alumnado:
- Creouse un correo para atención de incidencias relacionadas coa aula virtual.
- Creouse unha entrada na páxina web do centro (enlazada dende a cabeceira da aula virtual) con:
- Información de como resolver as dúbidas máis frecuentes:
- ¿que fago para entrar?
- ¿cal e o meu usuario e contrasinal?
- ¿que fago se non recordo o meu contrasinal?
- Videotitoriais explicando as actividades máis frecuentes na aula virtual.
- Buscar os meus cursos
- Escanear utilizando un móbil.
- Subir unha tarefa á aula virtual dende un ordenador
- Subir unha tarefa á aula virtual dende un móbil
- Información de como resolver as dúbidas máis frecuentes:
- Deuse publicidade á existencia desta información a todas as familias usando Abalar.
O obxectivos eran:
- Ter un punto único de entrada para os problemas do alumnado sobre o uso da aula virtual.
- Formar aos alumnos para que aprenderan a usar a aula virtual (como ferramenta TIC), separando esa aprendizaxe do propio das materias.
- Descargar ao profesorado do traballo relacionado con incidencias non propias da materia.
Para o profesorado:
- Creouse un correo para a atención de incidencias: creación de cursos, matriculación de alumnado, ...
- Creouse un curso na aula virtual con 14 videotitoriais:
- 7 para comenzar a utilizar a aula virtual, orientado a profesorado que non a usara nunca ou case nunca.
- 7 para resolver dúbidas especificas do profesorado que xa estaba a usar a aula virtual e quería avanzar máis no seu uso, e que foron creándose baixo demanda.
Os obxectivos neste caso era:- Fomentar o uso da aula virtual entre aquel profesorado que non a usaba por descoñecemento ou falta de confianza nas súas capacidades TIC. Intentar con iso unificar o máis posible a forma de comunicación profesor-alumno, evitando a proliferación dun número excesivo de ferramentas distintas que despistaran ao alumnado.
- Descargar ao profesorado das tarefas máis "administrativas" da aula virtual (creación e configuración do curso, matriculación do alumnado, ...), para que se centrara nos contidos.
- Que o profesorado sentira que tiña un respaldo no caso de problemas coa aula virtual.
Desde a páxina xestionan tódalas vías de comunicación posibles coas familias, así como a variedade de formas de traballar que ofrecen ao alumnado: á Aula Virtual, Moodle Móbil para teléfonos ou tablets e/ou Telegram.
Podemos observar na mesma que ofreceron información tanto do Covid19 como do manexo da web e de tódolos recursos que atopamos na mesma:
- Apartado específico con noticias sobre o Covid19
- Desde o Departamento de Orientación elaboraron dúas guías con pautas psicolóxicas e organizativas para afrontar o coronavirus. Por outra banda puxeron o número de teléfono a disposición das familias por se precisaban apoio psicolóxico así como resolver dúbidas.
- Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19
- Propostas actualizadas por parte de tódolos equipos e clubs (ciencias, biblioteca, cine...)
- Manuais de uso para aprender a utilizar e instalar as distintas ferramentas.
- Medios de comunicación co alumnado, tanto vía web, aula virtual ou otro medio.
Aprendo en casa é unha iniciativa do MEFP centralizada en torno ao portal web homónimo, na que se recollen recursos, ferramentas, aplicacións e contidos educativos, para poñelos a disposición do profesorado, das familias e do propio alumnado.
Destacan aspectos como:
- Recoller non só aplicacións e recursos institucionais (lecturas, recursos e xogos educatgivos, museos...), senón tamén outros máis próximos á realidade da aula (p.ex. a sección Profes en casa, que amosa canles de Youtube e blogues de docentes).
- Incluir guías e consellos sobre aspectos relacionados co currículo pero máis próximos á orientación e titoría (p.ex. sobre ciberseguridade, sobre aspectos emocionais...).
- Dispón da posibildade de crear salas de videoconferencias empregando varios servizos (Google Meet, Microsoft Teams e Webex).
- Inclúe unha "iniciativa filla", realizada en colaboración con RTVE e outros axentes, denominada Aprendemos en casa, que pretendía facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva, ofrecendo unha programación especial na canle pública de televisión Clan TV. As emisións, que se organizaban en relación a bloques temáticos cada día, consistían en vídeos sobre contidos curriculares, acompañados de outros de tipo máis lúdico.
- Hai un apartado específico sobre aplicacións para a atención á diversidade (en parte olvidada durante esta situación de alarma).
- Tiña en paralelo varios cancelos activos en redes sociais para contribuir á que se compartisen e difundisen recursos, favorecendo a creación de unha comunidade e da axuda mutua: #AprendoEnCasa ou #ProfesQueAyudan.
Trátase dunha boa práctica, especialmente o programa Aprendemos En Casa, porque:
- Contribuíu á continuidade do proceso educativo, apoiando a docentes e familias, especialmente a través dun medio tan cercano ao alumnado como é a televisión (aínda que limitado ao non permitir feedback, os cancelos en redes sociais axudaban a ter comunicación multidireccional).
- Procura un acceso sinxelo á tecnoloxía: a TV é gratuita se se dispón dun receptor, máis fácil de configurar, as ondas chegan a máis lugares...
- A colaboración, o traballo entre pares, a comunicación bidireccional... son as grandes carencias deste medio (máis transmisivo e unidireccional). Os intentos de retroalimentación terían que facerse a través de outros medios (basicamente internet), coas dificultades e condicionantes que implicasen.
- Aspectos como a autorregulación ou a avaliación tiveron unha potencia limitadas, pero si existia unha certa planificación de base.
- O enfoque si estaba centrado na idade do alumnado destinatario (tanto a nivel de contidos como de formato de presentación dos mesmos), había elementos de gamificación e de aprender divertindo, propuxéronse retos e actividades tipo proxecto para realizar no fogar...
Durante o confinamento porporcionouse á comunidade educativa, videotitoriais e manuais sobre ferramentas ou procedementos útiles para afrontar o traballo online, a través da páxina principal da aula virtual do IES.
Matemáticas vs Coronavirus é unha iniciativa comunitaria, en forma de blogue, que xurde durante o illamento social dun grupo de docentes, youtubers e divulgadores españois.
Estas persoas, de xeito completamente altruísta, puxeron a disposición da comunidade educativa, alumnado e profesorado, unha serie de recursos relacionados coas matemáticas. O blogue toma a forma dun repositorio de ligazóns curado, que poden empregar os estudantes de xeito autónomo ou dirixidos polo seu profesor ou profesora.
Os recursos están organizados por niveis, por tema que aborda (álxebra, estatística, límites), e por tipo de contido (vídeo de Youtube, teoría, resumo, boletín de exercicios), e inclúen tamén un apartado específico para preparar a ABAU.
Parece claro que a iniciativa podería empregarse como apoio dentro dunha metodoloxía de ensino semipresencial, para paliar as dificultades do profesorado na creación dos seus propios contidos, e que debería incluír medidas adicionais de comunicación bidireccional para organizar o traballo do alumnado e facer un seguimento do seu progreso.
Esta é a proposta da profesora Raquel González do IES Cartima de Málaga.
Este instituto traballa habitualmente por proxectos e o seu alumnado emprega habitualmente ferramentas tecnoloxicas nas aulas. Na súa web https://proyectocartama.es/ podedes ver exemplos dos proxectos realizados nos últimos cursos. Na súa conta de twitter @proyectocartama podedes ver moitos dos seus traballos.
O que se presenta aquí é o proxecto realizado na materia de Lingua Castelá en 4º de ESO durante o confinamento.
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.
Aulas galegas nace para axudar ao alumnado, ás familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.