Novas de Secretaría

OFERTA EDUCATIVA de FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA (FPE) Curso: 2014-2015 IES Fernando Wirtz

Enviado por prof_mvr o Lun, 23/06/2014 - 09:42

No adxunto pódese consultar a oferta educativa para o vindeiro curso no noso centro.

Instrucións para realizar a matricula en ESO e Bacharelato para o Curso 2014-15 para alumnado de NOVA incorporación

Enviado por prof_mvr o Mér, 18/06/2014 - 09:12

ORDINARIO

Poderán matricularse dende o 25 de Xuño ata o 10 de Xullo.

Terán que traer a seguinte documentación:

1. Impreso de matrícula que recollerán en conxersería,  debidamente cumprimentado a bolígrafo e con letras maiúsculas. É moi importante non deixar sen cubrir os teléfonos (especialmente os de urxencia), así como o correo electrónico dos pais. Marcar claramente, cun X ou un numero de orde (o que proceda), os campos de elección, especialmente os das materias a elixir. OS IMPRESOS DEBEN SER ASINADOS POLOS TITORES LEGAIS DOS ALUMNOS, salvo no caso dos maiores de idade.

2. Certificación Académica

3. Carné escolar cumprimentado onde se deberá pegar unha foto actualizada tamaño carné. (Se recolle en conxersería)

4. Dúas fotos tamaño carné cos apelidos, nome e curso ao reverso en letras maiúsculas.

5. Fotocopia do DNI. 

6. Alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato: Aboar na conta de Novagaliciabanco nº: ES24-2080-0058-14-3040006317 a cantidade de 1,12 € antes de formalizar a matrícula xuntando o resgardo xustificativo do ingreso.

7. Alumnos de 1º e 2º da ESO: Fotocopia da tarxeta sanitaria

 

ADULTOS

Solicitude de praza durante o mes de Xullo e matrícula no mes de Setembro aportando a documentación arriba mencionada.

RECOMENDACIÓNS MATRÍCULA MODULAR CICLOS FORMATIVOS

Enviado por prof_mvr o Mér, 18/06/2014 - 07:46

Nos seguintes ficheiros adxuntos, pódense consultar as recomendacións feitas polos Departamentos didácticos de Informática  e Administración para matricularse nos Ciclos Formativos de ADULTOS.

Ditas recomendacións fanse para que o alumno teña en conta que determinados módulos requiren ter coñecementos previos suficientes do contidos doutros módulos para acadar os resultados de aprendizaxe programados para o módulo no que se pretende matricular.

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 2014-2015

Enviado por prof_mvr o Mar, 17/06/2014 - 03:57

Publicado o calendario de admisión a ciclos formativos para o vindeiro curso 2014-15

Pode verse no ficheiro adxunto e consultar máis información no seguiente enderezo http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral-admision

ADMISIÓN DEFINITIVA ESO E BACHARELATO CURSO 2014-15

Enviado por csm o Mér, 14/05/2014 - 07:22

No seguinte adxunto pódense consultar as listaxes de admitidos en ESO e Bacharelato para o vindeiro curso 14-15.

Pódese formular recurso de alzada diante do titular da Xefatura Territorial no prazo de un mes  a partir do dia seguinte o de esta publicación.

ADMISION PROVISIONAL ESO E BACHARELATO CURSO 14-15

Enviado por prof_mvr o Ven, 25/04/2014 - 05:04

No seguinte adxunto pódense consultar as listaxes de admitidos en ESO e Bacharelato para o vindeiro curso 14-15.

Pódese formular reclamación no prazo de cinco días hábiles contados a partir do dia seguinte o de esta publicación, ante o Consello Escolar.

As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar al listaxes provisionais coa puntuación desagregada dos criterios de baremo na secretaría do centro

ADMITIDOS PCPI-1 e PCPI-2

Enviado por prof_mvr o Ven, 13/09/2013 - 04:59

Publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listas dos admitidos o PCPI1 e PCPI2.


O prazo de matrícula finaliza o 17 de Setembro

( categories: )

PROCEDEMENTO ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 13-14

Enviado por prof_mvr o Mar, 18/06/2013 - 05:39

No seguinte enlace pódese consultar a información referente ao procedemento de admisión do alumnado nos ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2013/2014.

http://www.edu.xunta.es/web/node/9707

CADRO CALENDARIO

http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Admisi%C3%B3n/2013/calendario_admision_vfinal.pdf

ADMISIÓN WEB

http://www.edu.xunta.es/fp/admision-2013-solicitude-web 

MATRÍCULA ESO E BACHARELATO CURSO 2013-14

Enviado por prof_mvr o Xov, 13/06/2013 - 05:48

Prazo para formalizar a matrícula:

Ordinario: Do 25 de xuño ao 10 de xullo ambos incluídos.

Extraordinario: Do 1 ao 10 de setembro ambos incluídos.

Distribuir contido