TÉCNICA CONTABLE.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de reali-
zar algunhas operacións administrativas establecidas no procedemento da xestión de te-
souraría necesaria para a adecuada xestión financeira da empresa.
Esta función abrangue aspectos como:
– Control da caixa e do banco.
– Identificación dos documentos de cobramentos e pagamentos.
– Identificación dos intermediarios financeiros.
– Diferenciación dos instrumentos financeiros.
– Determinación de cálculos financeiros bancarios básicos.

- Aplicación de ferramentas informáticas de xestión de tesouraría.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse nos procesos de control da
xestión de tesouraría no ámbito empresarial de calquera sector produtivo necesarios para
unha boa xestión financeira.

TRATAMENTO DA DOCUMENTACIÓN CONTABLE.

Imos ver a relación que ten a empresa coa Administración dende tódolos ambitos.