Todos os cursos de esta categoría.

Dende o club de ciencias queremos facervos unhas pequenas recomendacións:

- O máis importante é EVITAR SAIR DA CASA, sei que pode ser complicado pero é o máis efectivo.
- Se hai que sair deberedes ter unha serie de precaucións, tede en conta que corredes o risco de coller o virus pero tamén de ser vós os que o transmitades (podedes ser portadores asintomáticos ou estalo incubando) así que lavado de mans antes de sair, intentar tocar as menos cousas posibles e lavado de mans nada máis chegar a casa, poñer as zapatillas nada máis entrar na casa.
- Non tocar boca, ollos ou nariz sen ter as mans limpas.

Por favor, sede responsables, aínda que esté autorizado ir ao súper e a por pan a cousa non é ir a por pan 30 veces, ao super que está no outro barrio ou baixar o lixo 20 veces ao día.

IMPORTANTE: intentade manter rutinas, facer algo de exercicio (non todo é ir ao ximnasio), manter contacto (virtual) coa xente.

FONTES DE INFORMACIÓN: non vos fiedes de calquera cousa que leades ou que vos digan, buscade sempre fontes fiables:

▪️Twitter:
@esaude_sergas
@Xunta
@SaludPublicaEs

▪️Facebook:
https://facebook.com/xuntadegalicia/
https://www.facebook.com/MinSanidad/

▪️Web:
https://coronavirus.sergas.es
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/home.htm

▪️Teléfono ante posible caso de coronavirus:
061
900 400 116