Actividades para practicar con Drive

  1. Crea unha estrutura de cartafoles no teu Drive para organizar os contidos.
  2. Descargar un chiste gráfico (unha imaxe) de internet. Cárgao no teu Drive e compárteo con 2 persoas da aula. Compartir con 2 persoas máis os diferentes  chistes recibidos. Crea un cartafol e almacena nel todos os chistes (teus e alleos)
  3. Crea un documento de texto en Drive e escribe o principio dunha historia (unha liña, que non estamos na clase de lingua!). Comparte o documento cunha persoa con permiso de edición. Esa persoa escribe a liña seguinte e comparte con permiso de edición...
  4. Corrixe o teu conto inicial en modo suxestión
  5. Sube un documento de texto de Drive sobre algún tema da túa materia. Fai público o teu documento para calquera que teña a ligazón. Colga a ligazón na aula virtual.
  6. Documentos en Drive: Sube un documento de texto a Drive, sen que o converta en documento de texto (cámbiao na configuración de Drive).
  7. Converte o documento anterior en un Documento de Drive.
  8. Sube  a Drive un documento en pdf. Convérteo en dous pasos nun documento de texto de Drive.
  9. Busca no teu móbil a App de Drive. Carga dende o móbil calquera imaxe que teñas nun documento de Drive.