Esquema semanal
Xeral
.
Nestes días de vida complicada podemos interesarnos polas Matemáticas de outra maneira.
Aquí non atoparás o libro de texto senón adiviñas, chistes, videos divulgativos, cómics, poemas …e descubrirás que as Matemáticas están en todo, só hai que mirar de outra maneira.
Xapón, 1953-54 (José Suárez)
Fotografía matemática
Second Line (Fotografía ganadora del segundo premio en la categoría: Open Built Environment, Japón
Foto: Rohan Reilly / EPSON International Pano Awards 2018)
Animádevos a participar no concurso de fotografía matemática!
Tedes que subir unha fotografía cun título á plataforma PADLET no enlace correspondente ao voso curso. Ademais hai que engadir o nome, apelidos e grupo.
- O título ten quen estar relacionado con calquera idea matemática.
- O formato das fotografías deberá ser dixital .jpg e o tamaño entre 1 MB e 2 MB.
- O prazo de entrega remata o día 13 de Xaneiro de 2021.
- Soamente podedes subir unha fotografía.
Haberá premios en todas as categorías!
( Se necesitades axuda para subir a Padlet as vosas fotos, podedes consultar as instruccións pinchando aquí.)
Aquí tedes algúnhas páxinas con consellos para facer as vosas fotografías:
Poesía dende a trincheira
Poemas para tempos difíciles
Miscelánea
Un pouco de todo
Científicas: Pasado, presente e futuro
Cómic
Matemáticas, epidemias e vacunas
¿Sabes como funciona a inmunidade colectiva?
PASATEMPO DE LÓXICA
O ASTUTO COMISARIO
Broma matemática
(Adicado a 2º Bacharelato sobre todo)Existen moitas versións deste chiste, esta é unha delas
Un matemático tolo sube ao autobús e comenza a amenazar a todo o mundo.
- Vouvos integra! Vouvos derivar!
Todo o mundo treme de medo e fuxe do autobús, excepto unha moza de 2º de bacharelato que queda tranquila. O matemático dirixe a ela e dille.
- Non tes medo? Voute integrar! Voute derivar!
- Non, contesta a moza, non teño medo, eu son a exponencial.
¿As Matemáticas son unha invención ou un descubrimento?
Xeometría e arte