dm-crypt únicamente cifra dispositivos, polo que si queremos cifrar unha carpeta é necesario crear un dispositivo loopback asociado a unha imaxe de disco que se pode crear mediante dd.

Os comandos necesarios son:

cryptsetup:
    cryptsetup -y create <nome> <dispositivo>: Crea un dispositivo cifrado

    Alternativamente podemos crear o dispositivo con:

    cryptsetup -y luksFormat <dispositivo>
    cryptsetup luksOpen <dispositivo> <nome> : Crea un dispositivo cifrado usando LUKS, que é un sistema estándar para facilitar información de dispositivos cifrados.

    Para eliminar o acceso ao dispositivo cifrado:

    cryptsetup remove <nome>

    ou

    cryptsetup luksClose <nome> (si usamos LUKS)


LUKS soporta varias chaves de cifrado simultaneas. Podemos engadir máis chaves de cifrado con:
    cryptsetup luksAddKey <device>


Para montar automáticamente os dispositivos cifrados, se recurre ao ficheiro /etc/crypttab.

Por exemplo:

cryptedHome        /dev/sdc5  (asocia cryptedHome co dispositivo cifrado LUKS sdc5)
cryptedSwap        /dev/sda2        none        swap (asocia cryptedSwap co dispositivo sda2, e o formatea como swap)
cryptedSwap        /dev/sda2        /dev/urandom        swap (asocia cryptedSwap con sda2 mediante unha chave aleatoria e o formatea como swap)
Última modificación: Martes, 6 de Febreiro de 2024, 08:35