Foro de Discusión

swtpm-tools

swtpm-tools

por Francisco Javier Taboada Aguado -
Número de respostas: 0

Para poder instalar Windows 11 é necesario ter TPM. En virtualbox o modelo de TPM necesario precisa swtpm-tools, que non está dispoñible na rama estable. A mellor forma de instalalo é mediante os backports.

Os backports son migracións de programas de versións máis avanzadas (testing/bookworm neste caso) as versións estables. Para poder instalar os backports é necesario configurar un novo repositorio:

deb-src http://deb.debian.org/debian bullseye-backports main contrib non-free