Xeral
PROBAS ABAU 2024
ORIENTACIÓNS XERAIS DA PROBA
A COMPOSICIÓN
Traballo - exposición Castelao. 2º Bach. Historia de España
Para o final da 2ª avaliación da materia de Historia de España está plantexada unha actividade na que se afondará na figura de Castelao como ilustrador e artista plástico, un cronista da Galicia de finais do século XIX e principios do S.XX.
A través da obra plástica de Castelao Estudaremos Galicia nos seguintes campos:
1. O caciquismo en Galicia
2. A emigración galega
3. A infancia e a vellez (personaxes da Galiza rural).
4. O galeguismo
5. O partido galeguista na República
6. O Estatuto de Autonomía
7. Castelao durante a Guerra Civil española: Visita a URS, propaganda e cartelismo.
8. O exilio “ Sempre en Galicia”
O traballo realizarase en grupos de 4 persoas, cada grupo traballá sobre un dos 8 apartados. Entregarase na Aula virtual en formato póster (PDF para imprimir), cunha extensión de 2 pósters.