Esquema de temas

  • Trabajo durante el período de aislamiento

    Dada a inminente prolongación do estado de alarma, déixovos unhas indicacións para que poidades ir avanzando, na medida do posible, no que nos falta por ver, que por sorte é pouco.

    Se rematástedes xa os que vos indicara na web do centro, sobre o repaso da distribución binomial a e normal (que xa traballarades en Métodos), e ca práctica do voso libro relacionada, indícovos os conceptos que nos tocaría tratar a continuación e o procedemento que en todos os casos debedes seguir.

    Non queirades facer todo xunto en dous ou tres días. sabedes que en matemáticas, para que a aprendizaxe sexa eficaz, os contidos deben ir progresivamente.

    Primeiro estudades os conceptos, mirades os exemplos resoltos e tratades de facer os exercicios análogos propostos.

    Os conceptos que nos quedan son os seguintes:

    • Intervalos característicos en distribucións N (0,1) e nunha normal calquera. Páx. 289, 290. Exercicios 2,3,4 páx. 304.
    • Teorema central do límite. Distribucións das medias mostrais e consecuencias do teorema. Páxs. 291,292,293. Exercicios 5,6,8,10 páx. 304.
    • Ler en que consiste a estatística inferencial (problema 1 e problema 2, o problema 3 dos contrastes de hipóteses non entra) e a estimación puntual e por intervalos. Páx. 294,295. Exercicios 15,16,17,18 da páx. 305.

    Confío en que á volta de Semana Santa si poidamos ter clases presenciais e así poidamos explicar a última parte: intervalos de confianza para a media e as proporcións e relación entre nivel de confianza, erro admisible e tamaño de mostra.

    Podedes preguntarme as dúbidas que teñades no enderezo rdiazlama@gmail.com. Procurade ser claros nas preguntas para que poida respondervos con precisión.

    Non vos esquezades do traballado na parte de probabilidade. Podedes facer os exercicios nº 3 dos exames de selectivo para telo ó día.

    Coidádevos moito. Saúdos