Técnica do "crunch" de abdominal

Aínda que noutros anos veredes que este é un exercicio que ten certa controversia, imos a aprender como se debería facer correctamente xa que está moi extendido e é empregado por moita xente.

No vídeo que vos deixo podedes ver a técnica correcta e algúns dos principais erros. Se recordades da clase, veredes que as pernas podían estar tanto apoiadas coma en 90º, e os brazos podían estar en distintas posicións. Dígovolo por que no vídeo non se explica todo. Sobre todo estade atentos aos erros que sinala para evitalos. 

 

Prema na ligazón https://www.youtube.com/watch?v=OHct2T7U5Yo para abrir o recurso.